Febreiro 2022
Charla do Plan Director para o alumnado de 5º
Enviado por Anónimo o Mar, 08/02/2022 - 11:26O venres, 4 de febreiro tivemos a primeira das charlas do Plan Director sobre Novas Tecnoloxías en 5ºEP impartida pola Unidade de Participación Cidadá da Policía Nacional de Marín.
A conferencia tratou sobre os riscos de internet, o uso correcto das redes sociais, o perigo de falar a través de internet con descoñecidos, o ciberacoso e, empregando a terminoloxía inglesa, o sexting, ciberbulling, grooming, phishing...
O axente da Unidade de Participación Cidadá deulles tamén moitos consellos para evitar estes riscos, como a creación de contrasinais seguros, non enviar imaxes, nin vídeos, non aportar datos persoais, nin bancarios e comentar cos adultos, nais, pais e profesorado calquera cousa que lles pareza sospeitosa, para poder atallar situacións perigosas, poñéndoo en coñecemento das forzas de seguridade.
Ao finalizar a charla os nenos e as nenas recibiron cadanseu carnet de "policía infantil".
Quédannos pendentes as charlas de 6ºEP, para o 18 deste mes, e outra para familias e profesores o martes 15, dependendo esta última da situación da pandemia.
O Sequelo Pluricultural
Enviado por josean o Sáb, 05/02/2022 - 20:18O que nenos de distintas culturas compartan un espazo educativo supón para o noso centro e os nosos nenos unha enorme riqueza, mais a maior alfaia témola nas nosas máns, en coñecer en debida forma a nosa cultura, a dos antigos e os novos galegos. Pluriculturais, mais moi galegos, así somos no Sequelo.
Vén en Bicicleta ao Sequelo
Enviado por josean o Sáb, 05/02/2022 - 20:00Elixe un camiño seguro, e fai como Uxía, vén ao cole dándolle aos pedais. Seguriño e con sentidiño, terás sitio onde aparcala.
Vén ao Plan Madruga
Enviado por josean o Sáb, 05/02/2022 - 19:55Nas mañás como Iria ou como Astérix madrugamos con forza no Sequelo ou iso é o que nos conta Iria Alfonso de 6º B.
Vén ao Comedor
Enviado por josean o Sáb, 05/02/2022 - 19:48Manuela Marie Calviño Sobrino de 6º B invítanos a coñecer o comedor, un lugar conceptuado para moito máis que comer.
A máquina do tempo
Enviado por xose o Ven, 04/02/2022 - 10:42Dentro das actividades propostas no programa de educación afectivo-sexual "Colexio do Benquerer" dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria, traballamos na aula a actividade "A máquina do tempo", que trata dos cambios que acontecen durante a puberdade, e que vimos que se dan en catro ámbitos diferentes: físico, emocional, cognitivo e social. Coa axuda do alumnado clasificamos un montón de características diferentes nalgún destes ámbitos sinalados.
Pegadas de Paz. 2022
Enviado por inesduran o Mar, 01/02/2022 - 10:42
Outro ano máis, aínda que sen achegarnos moito,
celebramos o Día da PAZ.
Curso a curso fomos deixando nos corredores do noso cole,
unha pegada cos nosos desexos de PAZ
Poema pola Paz. 5º
Para non esquecer que a Paz
ten que durar máis que un día...
PAZ
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4