Maio 2019

Copla da Embarcación Xiana

Como sempre sacamos á nosa Xiana as rúas para cantar, e para tal fin recuperamos unha vella melodía dunha carroza triunfal de 1954.

Copla do Barco Monte de Mogor

Este ano, por segunda vez, saímos con dous barcos, esté foi un empréstito da Casa da Cultura de Mogor. Moi agradecidos.

Copla do Maio Mariñeiro do Sequelo

A partir do libreto que fixemos no colexio entre as dúas clases de 6º elaboraron unha copla que o xurado dos maios estimou como moi boa. Parabéns nenos!!

Atletismo en pista- 5º curso

Outra das actividades coa profe Rebeca, que xamais esqueceremos. Pasamos unha xornada especial, como se pode apreciar no vídeo. Moitas grazas!! 

Educación Física na Rúa 2019 (vídeo completo)

En agradecemento ao traballo da profesora Rebeca. Desexámoslle moita sorte!

Brigada Forestal do Campiño

Ola! Grazas por deixarnos vir e aprender de vós. Moitas grazas por ensinarnos como funciona o helicóptero, grazas porque salvades o noso medio ambiente e tamén as nosas vidas e sodes moi valentes, sodes heroes e cando vós salvades o bosque poñedes as vosas vidas en perigo e grazas por deixarnos as vosas ferramentas. E tamen vimos como despegaba o helicóptero.

De Mario Villaverde, Estrella Jiménez, Carlota Martínez e Xián López.

Día do Libro 2019. Apadriñamentos lectores.

Aínda que se nos fixo un pouco tarde, porque despois das vacacións se nos acumularon as actividades, por fin puidemos saír todos xuntos ao patio a festexar o "Día do Libro"; con estes apadriñamentos lectores, nos que o alumnado dos cursos superiores elexiu as lecturas para os seus apadriñados dos cursos máis baixos.

Visita ao castro A Subidá e petroglifos de Mogor

Grazas a Manuel, un alumno de terceiro,  que lle escribiu unha carta ao Concello para falarlles sobre uns restos que atopou no castro A Subidá, o propio Concello invitounos ir a ver as excavacións no castro. Estivemos acompañados do concelleiro Manuel Santos.

Ademais, tamén completamos a visita indo ver os petroglifos de Mogor e baixando a praia onde nos explicaron os riscos e precaucións que debemos ter no mar. 

Salta

Enrique García Graña e Adrián Pesqueira Fernández de 6º B recrearon este xogo co que desfrutaron os nenos máis pequenos.  Seguide as instrucións da rapaza...

Mbot no Departamento de Orientación

O Mbot è un recurso motivador que nos permite traballar entre outros aspectos a atención , psicomotricidade fina e funcions executivas (organización, planificación, memoria de traballo, autoregulacion...). 

A traves da App Mbot fixemos pequenas actividades de programación  para coñecer o funcionamento do robot e con Makeblock levamos a cabo actividades de orientacion espacial.

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.