Xuño 2018
CONCURSO PANGEA
Enviado por Menchi o Xov, 07/06/2018 - 09:35Durante o presente curso os alumnos de 4º, 5º e 6º presentáronse ó concurso de lóxica-matemática Pangea. Este levouse a cabo con alumnos voluntarios dos distintos cursos. Os alumnos de 4ºA quedaron nalgúns recreos para reforzar o razoamento lóxico-matemático. Este é o "Equipo Pangea" de 4ºA: Aroa, UXía, Xan, Diego Baños, Pedro, Cristián, Diego Bea e Darío.
Deste grupo dous alumnos superaron as probas: Pedro e Darío, e foron examinarse a Ourense. Os compañeiros entrevistáronos: foron a Ourense coas súas familias e o que máis lles chamou a atención foi o salón de actos do cole onde fixeron o examen, gustoulles a experiencia e volverían repetila.
!!!FELICIDADES!!!
(Se tedes curiosidade e queredes practicar cos exames de anos anteriores podedes descargalos neste enlace.)
II día en Manzaneda
Enviado por josean o Mér, 06/06/2018 - 20:25Todos enteiros (máis ou menos), afonías, sen durmir.... o lóxico e corriente nestes casos. Cambio. Día de piscina, arco,vivacs e multiaventura. Seguimos. Xa queda menos
Chegamos a Cabeza de Manzaneda
Enviado por josean o Mar, 05/06/2018 - 16:35Sans e escorreitos, e todos, malia a chuva que nos acompañou dende Marín, chegamos a Cabeza de Manzaneda. Paramos ás dúas para comer en Castro Caldelas, e ás 5 estabamos en Manzaneda. Imos empezar actividades, sen chuva. A primeira "charla informativa" da semana
A visita dos nenos de 3º ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro
Enviado por Anónimo o Mar, 05/06/2018 - 10:43(Redacción: Roi, Roberto e Dani)
Os nenos de 3º fomos ao Parque Arqueolóxico para aprender sobre petróglifos. Habíaos con debuxos de cervos, círculos, labirintos, etc.
No parque tiñan varios monitores para explicar e guiarnos na visita. Ao chegar presentámomos todos, a nosa monitora chámase Rita e contounos o plan do día.
Fomos ver os petróglifos. A monitora explicounos a historia dos petróglifos. Había escenas de caza, un can levando un cervo a unha trampa…Tamén miramos a recreación dunha aldea da época do bronce (fai 4.000 anos).Tiña os tellados de xesta seca e as paredes de barro. Despois houbo un taller onde fixemos fariña con millo miúdo.
Fixemos unha parada para merendar nuns bancos de madeira e despois fomos ao labirinto en forma de espiral e de ferro. Paramos para comer e xogamos o tempo que nos sobrou.
Pola tarde plantamos unha legume cada un. Despois fixemos una peza de barro. Logo fomos ao museo onde había un home da prehistoria, un esqueleto, armas, unha casa prehistórica, unha maqueta de Campo Lameiro…
Vimos unha película que trataba sobre a vida do home prehistórico, compramos cousiñas na tendiña e logo os monitores intentaron facer lume como o facían na época do bronce utilizando un arco, un pau, unha folla e un anaco de madeira, pero non lles saíu.
Gustounos moito a excursión polo labirinto, os talleres e estar cos compañeiros.
Visita do alumnado de terceiro curso ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre
Enviado por Anónimo o Dom, 03/06/2018 - 17:09O alumnado de terceiro curso visitou o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre en Campo Lameiro. A demais da visita guiada para coñecer o parque e os petróglifos, participaron nos obradoiros de "Sementes do pasado", "Cerámica coas mans" e "Demostración do lume".
BBC Xogos Populares en Silleda
Enviado por josean o Sáb, 02/06/2018 - 22:25O outro día fomos a un sitio onde había moitos xogos. Ademais de estar nos, había máis colexios e xogabamos todos a xogos populares: billarda, bolos celtas, chave.... Para o meu gusto, o xogo que mais divertido foi, é a billarda pero paseino tamén moi ben, xogando con todos os xogos.
Primeiro xogamos a chave. O noso grupo só fixo un punto, logo paramos cinco minutos para merendar un pouquiño e fomos para a billarda no que o noso grupo foi o que mais meteu, sete puntos. Eu metín catro.
Logo, fomos aos bolos celtas, nos que eu non fixen nin un punto. Tocounos unha monitora que quedou campiona de España, pero non unha ou dúas veces, se non sete. Resulta que nos bolos celtas, se non queres non te retiras, incluso sendo moi maior.
Ao final déronnos uns bocadillos e fómos no autobús outra vez de volta ao colexio para ir para casa.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4