blogue dejosean

XV Certame de Narración Concello de Marín / IV Concurso Relato Curto Sta Cecilia

O día das Letras Galegas, no salón de actos do Museo Manuel Torres tivo lugar a entrega de premios do XV Certame de Narracións Escolares do Concello de Marín e do IV Concurso de Relato Curto "Marín Conta" do Ateneo Santa Cecilia. Música de gaita, lecturas e moitas historias que escoitar que alongaron un chisco de máis a mañá.  Ao final cantamos o Himno Galego.  Entre os gañadores dos dous premios houbo moito representantes do colexio:

 

Sofía Bernárdez Vilas

Noa Vázquez Feijoo

Óscar de la Torre Aboal

Saúl Mariño Recamán

Jorge Fernández Beloso & Álvaro Pereira Omil

Texto:  Álvaro Pereira Omil

Flamenco

Elas o escribiron, elas o adaptaron e finalmente elas o cantaron por bulerías, co que grabalo en vídeo era inevitable

Flamenco de Melani Montoya Motos e Priscila Montoya Jiménez de 6º B

XXII Certame Francisco Añón

O 17 de maio, os nenos e nenas gañadores do concurso XXII Certame Francisco Añón de Poesía do ano 2018, fomos ao Concello de Outes, onde nos deron un diploma e o noso poema nunha carpeta. Ademais tivemos a oportunidade de ler o  poema diante do xurado e do público. Despois do acto, tocou unha banda de música do concello de Outes, e a continuación un pequeno banquete para repoñer forzas para a viaxe de volta.

 

 

FEITO POR 

Martina Pazos Iglesias

Unha aventura na Torre de Hércules

Un dos grupos de 6º creou esta pequena animación que ten lugar na torre de Hércules

A Torre de Hércules I

O grupo de alumnos de 6º A e 6º B coordinado por Noelia Iglesias elaborou este proxecto sobre a Torre de Hércules, para ver que é o que sabedes dela. Seguro que moito!!

Táboas de multiplicar e números primos

Coa axuda do Blu-Bot os nenos de 21 traballaron as táboas de multiplicar e os números pares.  En pouco ao noso parque móbil de 1º e 2º engadiráselle varios Clementine Doc un robot de similares características ao Blu-Bot co que os nosos nenos traballaran dende as materias do curriculo

 

Maio de Maios

O 1 de maio, no festival dos maios e barcos da alameda, á tarde, sobre as 17:30, fíxose unha cantiga cos varios maios que participaron no concurso.  Participaron algúns nenos e nenas dos  seguintes maios,  e todos eles salvo do Porviso, foron ou son alumnos do colexio:  

Nosa Señora do Carmen: Noa Gonzalez, Lia Garrido e Valeria Pazos de 1º.

C.E.P Sequelo: Martina Pazos de 6ºB.

Landeiras: Noelia Iglesias de 6ºB e Tiago Rodríguez de 2ºA.

San Xulian: Noa Vázquez de 5ºA.

Amigos do rapaces: Hugo Garrido. (ex-alumno do colexio)

Porviso: Raúl Ces.

A cantiga gustoulle a moita xente; a idea foi dunha cantiga antiga do ano 1935 e fixemola para a homenaxe que se lle facía a un señor que cantara naquel maio

.

 

Barco "Remedios e San Miguel" 2018

Este ano en colaboración co "Museo do Mar de Marín" baixamos cunha nova embarcación, á que batizamos como "Remedios e San Miguel".  O barco deixóunolo o Museo a través dun señor de 93 anos, Antonio Rodríguez Rodríguez, que nos contou que el tamén fora nos maios e que tamén fora o seu pai.

 

 

 

Embarcación Xiana 2018

O 1 de maio do ano pasado, xa baixamos cun maio e un barco. Eu estaba no maio con meu amigo Victor e Fran. Eramos os mais pequenos pero fomos os que mais coplas vendimos...Ben, o que vendeu mais coplas foi Fran. Logo as 12 cantamos e pola tarde fixémolo no concurso.  Gañamos os 3 premios

Este ano, cando chegamos a alameda, o primeiro que fixemos foi coller as coplas que estaban debaixo do noso barco, e fomos vendelas.  A uns déronlle moito diñeiro como a Miguel 5 € por unha soa copla, pero a outros déronlle pouco coma min que un me deu 6 céntimos por unha copla.

Ao chegar as 12h cantamos para o público.

Logo, pola tarde, estiven xogando ao fútbol cos meus amigos dos maios e a outra embarcación do CEP SEQUELO.  Cando chegaron as 17:30 h cántamos para os xuíces e unha hora máis tarde gañamos moitos premios, e comemos rosca con chocolate.

 

Feito por Manuel Santiago Villanueva- Noé González Soage 6º B

Maio Mariñeiro do Sequelo 2018

Outro ano máis e xa van seis seguidos participamos na festa dos Maios de Marín co noso Maio, e grazas á colaboración de todos quedou ben bonitiño.  Vendimos moitas coplas pola mañá e pola tarde cantamos e gañamos o primeiro premio na letra e o primeiro polo Maio.

Un maio faise así

Un maio faise así con margaridas, pampullos, ovos, laranxas do pó, limóns, fiuncho, espadaina.... e coa colaboración da nosa estupenda ANPA, de pais de exalumnos que quixeron estar connosco, con moitos pais de alumnos que viñeron, con xentes doutras ANPAS (a do Grupo) que viñeron a ver como se facía para eles facelo logo, con mestres que ese día fomos un máis á hora de elaborar o maio; e con alumnos que nos ratos libres dabanlle unha patada ao balón, mais estaban ali

Así todos xuntos dedicamos unha tarde das nosas vidas a ser parte dun engranaxe de Transmisión e  Tradición que se perde nos tempos, e no que mentres podamos temos a obriga de ser parte.  

E por fin ás 12 da noite tiñamos o noso maio coroado.

Ao día seguinte listo para saír cara a Marín desexando non ter os percances do ano pasado

 

O festival de Maios no Colexio

O día un de Maio celebrase esta festa dende antes da chegada dos romanos  a Galicia. No Sequelo aprendemos coplas antigas porque así nos concursos sempre gañamos, eu pensaba que o Maio era unha tradición dos pobos mariñeiros pero tamén é do interior de Galicia. Uns días antes do un de maio celebráronse os maios no Sequelo, cando empezaron a cantar eu e os meus amigos sentámonos nun banco que estaba alí.  Primeiro cantaron os  maios os de primeiro e segundo, logo os de terceiro e cuarto e por ultimo quinto e sexto, e logo cantaron  o barco que temos no colexio "O Xiana" e o que nos deixou o Museo do Mar.

 

Tamén   viñeron os do Virxe do Carme  a ver o Maio, a verdade e que custounos  facer o Maio, coser o fiúnchos, os pampullos,ovos (que para min e moi sinxelo)as laranxas, os limóns, as flores e as espadanas. Eu axudei o primeiro día pra coser fiúnchos e espadanas pero o segundo e o terceiro día eu e os meus amigos nos quedamos na clase porque un amigo meu tiña alerxia ao polen e como estaban cos ovos, as flores e os pampullos non podía ir.

                                                               2º                                                                 

Saul Mariño Recamán

Construción do Maio

Uns días antes do 1 de Maio, os nenos e nenas de 6º e 5º de primaria, puxémonos a coser os distintos materiais:  margaridas, fiúncho, espadaina, limóns, laranxas, calas .....  .

Tamén logo baixaron os nenos máis pequenos e todos fixeron algo, uns cortaron os rabos dos pampullos, outros coséronos.....

O día 27 tres nais do ANPA estiverono vestindo na sala de psicomotricidade con todo o que deixaramos preparado.  E o resultado final foi este:

A catedral

Para o Concurso do "Aprendo Programando" Martina, Priscila, Manuel e Leo elaboraron co Scratch este proxecto sobre a Catedral de Santiago.

 

Unha dorna de libros 2018

Alumnos premiados na categoría de primaria no certame de relato curto promovido pola asociación de Mulleres "Intercambio do Saber".  Saul Mariño Recamán e Noelia Iglesias Rodríguez 

Coñecemos a Halterofilia

Coñecimos de primeira man un deporte descoñecido, a Halterofilia, visitando as instalacións do clube Rías Baixas.

Había un pavillón que por fóra parecía xigantesco. 
Si, parecía que xa chegaramos ao pavillón de halterofilia. Entramos e... 
Quedamos alucinados: había moitas cousas e incluso un circuíto.  Empezaron explicándonos cousas sobre a halterofilia, e logo dun rato, empezamos a quentar.   Algúns quecementos tiraban un pouco.
 
 
 
A continuación fixemos tres grupos e empezamos a facer as actividades. Ao meu grupo, primeiro, tocounos facer pesas cuns paus de madeira que case non pesaban e despois usamos uns que eran de aluminio, e xa pesaban un pouco mais. 
 
 
 
A continuación tivemos que facer un exercicio no que se trataba de chegar o máis lonxe con solo tres saltos e saltar sobre unhas rodas que cada vez estaban máis separadas.
 
 
 
 
Saímos afora do pavillón e fixemos un sprint moi curto; e ao final tiñamos que dar un salto e estirar a man o mais alto posible. Para rematar, fixemos lanzamento de pesos.
 
Feito por Jorge Fernández Beloso 6º B

A robótica no currículo de 4º

Os alumnos de 4º traballaron a programación dos Mbots como parte do proxecto transversal sobre "O Río Lameira", o resultado foi un espectacular proxecto onde recrearon parte da arquitectura tradicional que arrodea ao rio Lameira

 

Visítanos un pai

Veu un pai que se chama Damián a contarnos como facía el para escribir relatos curtos . Trouxo un relato curto que foi o primeiro que fixo, e leuno; logo explicounos de que ía. Trataba un pouco da súa vida, e outro pouco de fantasía, tamén dixo que cada relato curto que facía tardaba un 1 mes. Díxonos que o máximo que lle deran foron 420 euros, despois empezamos coas preguntas e todo o que respondía tiña lóxica. E para rematar todos aplaudimos.  

 

 

 

Feito por Manuel Santiago Villanueva 

Medida da temperatura

Mediante uns poucos bloques lóxicos e cunha placa, o sensor de medida de temperatura, os rapaces de 6º imos medir a temperatura ambente e máis a temperatura do café do mestre

Rosas na xanela 2

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.