blogue dejosean
AS PALMEIRAS
Enviado por josean o Lun, 22/10/2018 - 18:50Antes de estudar os problemas que están tendo as nosas palmeiras, buscamos na rede toda a información que puidemos topar sobre elas: reprodución, tipos, función que realizan, froitos, flores....
S.O.S. PALMEIRAS EN PERIGO
Enviado por josean o Lun, 22/10/2018 - 09:31COMEZAMOS O CURSO CON HUMOR
Enviado por josean o Lun, 22/10/2018 - 08:16Unha forma diferente de empezar o curso, botándolle humor á cousa.
Rapaz aburrido
Enviado por josean o Ven, 05/10/2018 - 17:00Javier Portabales titorizou a un grupo de 3º B para esta iniciación ao cambio de disfraces. Premede a bandeiriña para que o neno fale e ande
Move o Parque
Enviado por josean o Xov, 04/10/2018 - 17:45Un dos primeiros traballos dos nenos de 2º de primaria no taller que levou a cabo con eles Marta Pazos. Como tódolas primeiras pegadas sinxelas pero que abren camiño
Movemento
Enviado por josean o Mér, 03/10/2018 - 17:45Primeiro traballo realizado polos nenos de 1º no Taller de Scratch baixo a titoria de Miriam Montoya
O Mbot feliz
Enviado por josean o Ven, 29/06/2018 - 16:46Traballo de Raúl González Moldes que tentaremos de levar a unha curta o ano que vén
II Premio no Concurso de Scratch
Enviado por josean o Lun, 25/06/2018 - 17:08Non puido ser pero estamos moi contentos co segundo posto no III Concurso do "Aprende programando" cun dos nosos grupos disque "LOS LODAZALES". Foron as nenas as que levaron o mando dun proxecto sobre a catedral de Santiago realizado coa linguaxe de programación Scratch. A asociación de centros públicos de Marín para un proxecto común non fixo outra cousa que enriquecernos a todos; o ano pasado foron os do IES Mestre Landín, este ano nós, o CEP Sequelo segundos en primaria e non me cabe dúbida que o ano que vén serán os compañeiros do CEIP Carballal.
Parabéns para os compañeiros do CPI Virxe da Cela de Monfero (Coruña) que tan bo proxecto presentaron.
Proxecto Robótica de 6º
Enviado por josean o Ven, 22/06/2018 - 10:34Unha placa arduino e un sensor led foron dabondo para crear este proxecto, onde no Led aparecía un peixe animado que lanzaba unha mensaxe de proteccion dos mares
Concurso de Eulerías do Mestre Landín
Enviado por josean o Ven, 22/06/2018 - 08:02Noelia Iglesias Rodríguez de 6º curso foi a gañadora do concurso de Eulerías da Semana Matemática que cada ano convoca o IES Mestre Landín na categoría de primaria.
En que consistía?
Pois en facer oracións o máis longas posibles a partir do famoso número "e" que descubriu o matemático suizo Euler. O número "e" é igual a 2,71828182845904.... Hai que facer oracións onde cada palabra teña tantas letras como indican cada unha das cifras do número.
CHEGADA MANZANEDA
Enviado por josean o Ven, 08/06/2018 - 14:18ATENCIÓN: CON PUNTUALIDADE INGLESA CHEGAREMOS SOBRE AS 6
Manzaneda día 3
Enviado por josean o Xov, 07/06/2018 - 20:22Levantados a golpe de Sonata ás 8 da maña, o que a fai o primeiro día logo ten que pagalo. "Noites alegres, mañáns tristes"
Poalla, frío, afonías, nada nos detivo, tivemos carts, cabalos, rockodromo.... e algún pique ao ping pong con algún alumno, que nos gañou, o que logo se verá reflectido nas notas. Saimos nuns intres para a Sesión Disco. Última cena cos apostoles e a ver se nos deixan durmir, porque algún resucitou e maña cediño para comer en Allariz e como moito ás 6 na casa. Canto nos extrañan as nosas camas aos mestres.
II día en Manzaneda
Enviado por josean o Mér, 06/06/2018 - 20:25Todos enteiros (máis ou menos), afonías, sen durmir.... o lóxico e corriente nestes casos. Cambio. Día de piscina, arco,vivacs e multiaventura. Seguimos. Xa queda menos
Chegamos a Cabeza de Manzaneda
Enviado por josean o Mar, 05/06/2018 - 16:35Sans e escorreitos, e todos, malia a chuva que nos acompañou dende Marín, chegamos a Cabeza de Manzaneda. Paramos ás dúas para comer en Castro Caldelas, e ás 5 estabamos en Manzaneda. Imos empezar actividades, sen chuva. A primeira "charla informativa" da semana
BBC Xogos Populares en Silleda
Enviado por josean o Sáb, 02/06/2018 - 22:25O outro día fomos a un sitio onde había moitos xogos. Ademais de estar nos, había máis colexios e xogabamos todos a xogos populares: billarda, bolos celtas, chave.... Para o meu gusto, o xogo que mais divertido foi, é a billarda pero paseino tamén moi ben, xogando con todos os xogos.
Primeiro xogamos a chave. O noso grupo só fixo un punto, logo paramos cinco minutos para merendar un pouquiño e fomos para a billarda no que o noso grupo foi o que mais meteu, sete puntos. Eu metín catro.
Logo, fomos aos bolos celtas, nos que eu non fixen nin un punto. Tocounos unha monitora que quedou campiona de España, pero non unha ou dúas veces, se non sete. Resulta que nos bolos celtas, se non queres non te retiras, incluso sendo moi maior.
Ao final déronnos uns bocadillos e fómos no autobús outra vez de volta ao colexio para ir para casa.
O Mundo quere poesía
Enviado por josean o Xov, 31/05/2018 - 21:44"O Mundo quere Poesía" é un pequeno resumo do traballo realizado nestes dous últimos anos nas aulas de 6º no eido da escrita creativa, e máis concretamente na poesía
Reunión de Centros "Robóticos"
Enviado por josean o Mér, 30/05/2018 - 11:13Dentro das actividades programadas no Seminario de Robótica estaba o do intercambio de información e experiencias con outros centros da contorna que coma nos comezan este ano a inserar os robots como ferramentas de aprendizaxe. Así reunímonos no noso centro alumnos do IES Mestre Landín, CEIP Carballal e o Sequelo
Xuntanza Scratch
Enviado por josean o Mér, 30/05/2018 - 00:13Co gallo do traballo conxunto no proxecto "Aprende Programando" visitaronnos os outros dous centros que connosco forman parte do mesmo, o CEIP O Carballal e o IES Mestre Landín, para expoñer candaseu traballo
Visita dos pais ao proxecto robótico
Enviado por josean o Mar, 29/05/2018 - 11:36Co proxecto rematado os pais de 4º visitaron o traballo que os rapaces estiveron levando a cabo. Tódolos pais estiveron moi atentos ás explicacións dos rapaces que acompañaron cunha presentación sobre o proxecto do río no que centramos no Colexio todalas nosas actividades
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- …
- seguinte ›
- última »