blogue dejosean
Non ao Bullying
Enviado por josean o Mér, 15/05/2019 - 17:00Unha pequena animación con Stykz de Angela Durán Silva e Marta Pazos Castro de 6º B preparatoria da que logo imos levar a cabo co Scratch e que nos serve para enlazar co proxecto das Curtas no Museo na que tamén estamos inmersos
Parte informativo do mediodía (3º día en Manzaneda)
Enviado por josean o Mér, 15/05/2019 - 13:55Estamos nun dos días fortes; de mañá pelota canadiense e karts. Choques, adiantamentos... Moito Fernando Alonso temos.
Parte informativo da mañá (3º día en Manzaneda)
Enviado por josean o Mér, 15/05/2019 - 09:11Xa parece que sexamos nativos. Hai unha eternidade que chegamos. Todo ben, as cousas lóxicas de toda excursión: sono, festa e cansanzo.
Onte pola noite velada nocturna.
Equitación/Rocódromo Manzaneda 2019
Enviado por josean o Mar, 14/05/2019 - 12:32Esta tarde tocou o turno á equitación e á escalada. Cansos pero disfrutando de que os nosos alumnos disfruten compartindo un día xuntos.
V Concurso de Relato Curto "Marín Conta"
Enviado por josean o Mar, 14/05/2019 - 12:32Inda lonxe da "civilización", nos chegan noticias dela e son boas. Parabéns a Noa Vázquez Feijoo e Ángela Silva Durán, as dúas de 6º e que coas súas historias foron 1ª e 2ª, respectivamente na súa categoría, cos seus relatos "Un anaco de historia nun banco" e "Pick, constructor de petroglifos", no Certame de Relato Curto que como cada ano convoca o Ateneo Santa Cecilia.
Foto das felices gañadoras:
Sendeirismo (Manzaneda 2019)
Enviado por josean o Mar, 14/05/2019 - 12:15Os mortos vivintes resucitaron un anaquiño para emprender unha loooonga camiñata polo entorno da estación de Manzaneda. Unhas paisaxes espectaculares e que cariñas.... Noites alegres, mañáns tristes..
Manzaneda 2019 (Chegar e encher)
Enviado por josean o Mar, 14/05/2019 - 08:49Foi chegar, merendar e ao pouco xa estaban os rapaces (e os mestres) en acción. Á tardiña tiro con Arco e parque multiaventuras....
E de noitiña, a esperada sesión Disco
Sobrevivimos á primeira noite e agora sendeirismo, imos parecer os Walking Dead. Seguiremos informando esta tarde e noite. Estade atentos
Chegamos a Manzaneda 2019
Enviado por josean o Lun, 13/05/2019 - 15:46Logo de parar nas Burgas, a tomar as augas, e comer en Castro Caldelas chegamos con ben a Estación de Cabeza de Manzaneda, á hora prevista, 16:30
Estade atentos a máis informativos
Foto diante da catedral de Ourense
Seica o tren que nos leva pola beira do Miño...
VII EDICIÓN DO CERTAME DE RELATO CURTO
Enviado por josean o Ven, 10/05/2019 - 17:37Todos son uns auténticos campións. Todos pasaron polo noso taller de escritura creativa e todos realizaron un estupendos textos. Logo, 6 deles (os axeonllados) tiveron a sorte de seren elixidos finalistas entre os 53 nenos e nenas da provincia de Pontevedra neste certame. Somos o colexio con maior representación entre os finalistas do certame, certame que xa gañamos dúas veces.
O importante non son os 6, nin é gañar, é conseguir que os nosos alumnos sexan quen de imaxinar mundos alternativos, de darlle unha reviravolta á realidade, porque iso o imaxinar, tamén se aprende, e eles e outros moitos que non están no noso centro aprendérono. Sorte Ana Barrera....
A festa do Maio no Colexio
Enviado por josean o Xov, 09/05/2019 - 14:54Logo de estar onde tiñamos que estar o 1º de Maio para todos aqueles que por algún motivo non nos puideron oír cantar o propio día, o día 2 repetimos no colexio.
Chegou o maio
Enviado por josean o Mér, 08/05/2019 - 00:48E seguindo o costume de tódolos anos, fomos cantar o maio polas rúas de Marín, costume que se remonta aos bisavós dos bisavós dos nosos bisavós, nunha cadea infinita que nos non queremos rachar.
Ai ven o maio
Enviado por josean o Mar, 07/05/2019 - 23:55E chegou ao Sequelo. Se case douscentos anos antes nun relato que se conserva en Pontevedra os rapaces fuxían da escola durante dous días para facer o maio; agora van a ela para facelo. O noso centro consciente da importancia de transmitir en condicións a nosa cultura completou todo o proceso da elaboración do maio e nel colaboramos todos: pais, mestres e sobre todo alumnos que son o chave para que esta festa do renacemento da natureza perdure na nosa vila.
Copla da Embarcación Xiana
Enviado por josean o Mar, 07/05/2019 - 22:46Como sempre sacamos á nosa Xiana as rúas para cantar, e para tal fin recuperamos unha vella melodía dunha carroza triunfal de 1954.
Copla do Barco Monte de Mogor
Enviado por josean o Mar, 07/05/2019 - 22:41Este ano, por segunda vez, saímos con dous barcos, esté foi un empréstito da Casa da Cultura de Mogor. Moi agradecidos.
Copla do Maio Mariñeiro do Sequelo
Enviado por josean o Mar, 07/05/2019 - 22:26A partir do libreto que fixemos no colexio entre as dúas clases de 6º elaboraron unha copla que o xurado dos maios estimou como moi boa. Parabéns nenos!!
Salta
Enviado por josean o Xov, 02/05/2019 - 17:20Enrique García Graña e Adrián Pesqueira Fernández de 6º B recrearon este xogo co que desfrutaron os nenos máis pequenos. Seguide as instrucións da rapaza...
Mbot no Departamento de Orientación
Enviado por josean o Mér, 01/05/2019 - 17:20O Mbot è un recurso motivador que nos permite traballar entre outros aspectos a atención , psicomotricidade fina e funcions executivas (organización, planificación, memoria de traballo, autoregulacion...).
A traves da App Mbot fixemos pequenas actividades de programación para coñecer o funcionamento do robot e con Makeblock levamos a cabo actividades de orientacion espacial.
Traballo con sensores
Enviado por josean o Mar, 30/04/2019 - 17:00Os alumnos de 5º B traballaron montando os robots cos diferentes sensores para probalos en diferentes actividades: sensor de temperatura, o display, sensores de a bordo...
Enfrentáronse aos distintos retos propostos para probar os sensores de distancia, sigueliñas, etc etc.
Boom
Enviado por josean o Dom, 28/04/2019 - 17:00Os alumnos de 6º A recrearon este xogo onde o truco consiste en afastar o ovni do misil, guiando o primeiro co rato, de xeito que non che estupe o misil e non cho desfaga
Certame de Microrrelatos do Saber Marin
Enviado por josean o Mér, 24/04/2019 - 20:53Un Certame de 150 palabras que obrigatoriamente tiña que comezar por "Todo era plástico ata que...". Presentamos uns cantos traballiños e tivemos a sorte que tanto Ángela Silva Durán con "Anxela inventora" como Enrique García Graña por "Maldito plástico!" foron premiados.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- …
- seguinte ›
- última »