blogue dejosean

Postais de Nadal

Algunhas das postais que os alumnos máis pequenos fixeron coa axuda dos seus titores de 5º e 6º, e que logo enviaremos aos centros "irmáns"

 

Laura recomenda... "Super Normal e a máquina de sombras"

Laura Arribas de 5º B recoméndanos un dos libros que máis lle gustaron

Lecturas recomendadas: "El chico del Millón"

Candela de 5º B recoméndanos un dos libros que máis lle gustou

 

Unha noite de defuntos

Laura, Xoel, Dani e Breixo Sanjorge cóntannos o que pasou na aldea nunha noite de Cinza cando xa case comezaba o Entroido

Radio Sequelo: "Especial de Samaín"

Nesta edición imos escoitar dous contos que dan moito medo, o primeiro "A casa da Moura", relatado por Martín, Candela, Irene e Breixo.

O segundo conto "As misteriosas voces do río Miño" interprétano Rubén, Sara, Roberto e Elva.

Libros recomendados: O Restaurante Farruco

Carlota de 5º B recoméndanos un libro de teatro.

O ovo elástico

Este é un experimento que fai posible que un ovo rebote, sen romperse; aínda que antes xa romperamos un.

Xoel Sequeiros Paz 5º B

Bullying, basta xa

Pequena animación realizada polos alumnos de 6º para o Proxecto Aprendo Programando que este ano xira sobre o tema do Bullying

Vivindo a radio cos de 4º B

Os alumnos de 4ºB  cóntannos as novas do colexio, recoméndannos algúns libros para o verán e fan unha chea de divertidas entrevistas. Eles din que foi unha proba, pero se o foi foi unha proba estupenda.

Entrevistamos á alcaldesa

 

Un bo xeito de rematar o proxecto sobre o Lameira e de estrenar oficialmente a nosa radio:  entrevistamos a María Ramallo, a nosa alcaldesa.

Raúl de 1º curso, e Lía e Antón de 2º preguntáronlle sobre o traballo que ten que facer un alcalde ou alcaldesa, falaron dos parques, das festas, do bastón de mando, das comidas preferidas, do fútbol, do río Lameira ou mesmo de como limpar a caca dos cans nas nosas rúas.

Que conto tes, Andrés!

Estrenamos o primeiro programa que esperamos que sexa o primeiro de moitos que con esta estrutura tan sinxela, vainos dar a coñecer a "nosa rica tradición oral". Coidamos que a partir do ano que vén teña unha frecuencia cando menos semanal e se convirta nun clásico da nosa radio escolar.

 

Rap do Lameira: coreografía

Estas rapazas de 6º A que nos amosan como cantalo. Inténtao

VII ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DE RELATO CURTO FANPAS PONTEVEDRA

Un certame que ao noso cole semella que se lle da especialmente ben das 6 edicións que se levaban celebrando até o momento gañamos dúas cun bo número de finalistas, e como non ía haber dúas sen tres, este ano repetimos con Juan José Gil Zambrano, sendo finalista distinguida Marta Pazos Castro e tamén contando entre aos finalistas, a Pedro Grosso Aybar, Mateo López Santiago, Javier Portabales Acebedo e a Aaron Poza Filgueira.  Entre os finalistas doutras categorías tamén vimos a ex-alumnas.

A Finalista distinguida. Mágoa non ter do gañador porque non lle foi posible acudir á entrega de premios

Entrevista a Aicha e Maroua

Manuel, Ángela, Lucas, Samuel e Mateo entrevistan a Maroua e Aicha, que nos contan cousas moi interesantes das súas orixes, familia e cultura.

Na elaboración do guión radiofónico contaron coa coordinación da profe Silvia que durante varios días traballou co grupo.

 

Taller de Robótica e Programación

Imaxes do Taller de Robótica e Programación que desenvolvimos no IES Mestre Landín, con alumnos do mesmo centro e alumnos do CEIP do Carballal. O ano que vén moitos deles serán compañeiros de Damián, Adrián, Samuel e Bryan.

 

Entrega dos Premios do XX Concurso de Poesía Concello de Marín

Daniel Graña Portela e Álvaro Pereira Omil premiados no Certame que polo día das Letras Galegas convoca o Concello de Marín len os seus textos.

 


Entrega de premios do certame "Marín Conta"

Alumnos e exalumnos entre os premiados no certame que polas Letras galegas convoca o Ateneo Santa Cecilia.

Premiadas na súa categoría Noa Vázquez Feijoo e Ángela Silva Durán (á esquerda da foto)

Estamos en Allariz

Saímos cediño de Manzaneda, paramos en Castro Caldelas para mercar bicas e ás 12 e media chegamos a Allariz, un dos concellos máis fermosos de Galicia. Visitamos a zona do río, os xardíns e cando xa ían esfameados... ao Fío de Liño, onde estamos agora.  Logo tomaremos un xeadiño e dereitiños para a casa.  Mantemos a hora de chegada para as 17:30.

XX Premio de Poesía para Escolares do Concello de Marín

Dende a civilización séguennos chegando boas novas. No XX Certame de Poesía para nenos do Concello de Marín foron premiados na categoría de 3º e 4º de Primaria co segundo premio Daniel Graña Portela co seu poema "Vila de Marín" e na categoría de 5º e 6º de Primaria, Álvaro Pereira Omil co primeiro premio polo seu poema "Cantiga de Marín". Aquí tedes a Álvaro nunha foto desta tarde no Multiaventura.

Parte informativo do serán (3º día en Manzaneda)

Por fin, xa só queda cea, discoteca e de volta.  Uffff!! :)  Esta tarde, foi de multiaventura, arco é piscina. Como somos moi recatados comprenderedes que non mandemos da piscina, mais si do resto das actividades.

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.