EDLG
U-los Mariñeiros
Enviado por josean o Mér, 01/05/2024 - 14:04Aquí están os Mariñeiros de Marín, os que sosteñen unha cultura en vías de extinción. Estas son as familias mariñeiras de Marín. Un vídeo traballado para presentar no I Certame do Mar do Museo de Marín.
Faro Fisterra
Enviado por laurarialf o Sáb, 27/04/2024 - 12:10Brais e Enzo levan xa un tempiño investigando sobre o Faro Fisterra e...este é o resultado! Agardamos que vos guste e que aprendades tanto como o fixemos nós!
Cal será o próximo...?
Visita de Luís Davila, "O Bichero"
Enviado por inesduran o Ven, 26/04/2024 - 20:55Apadriñamento lector
Enviado por laurarialf o Mér, 24/04/2024 - 15:17Aproveitando os raios de sol e que onte foi o día do libro, fixemos un apadriñamento lector! Tivemos unha xornada de convivencia onde os nenos e nenas máis pequenas escoitaron un conto da man dos e das maiores. Ao rematar, cada grupo/parella fixeron un debuxo sobre o conto que acababan de escoitar. Como nos gustou estar todos e todas xuntas!
Dádelle o play para coñecer os contos!
Obradoiro de Cómic
Enviado por inesduran o Mar, 23/04/2024 - 21:57Xogando con Tuxiña na Biblioteca
Enviado por inesduran o Mar, 23/04/2024 - 21:42Videopoema "Somos un"
Enviado por josean o Sáb, 20/04/2024 - 09:25Poema colectivo, a partir dunha tormenta de ideas sobre o ciclo da vida e a igualdade, plasmado logo en poema por Issam de 5º.
Mural Interactivo
Enviado por josean o Mér, 17/04/2024 - 20:28Aproveitando o material dos circuitos de papel dos Polos Creativos, as tarxetas Makey Makey dos e os cables de boca de cocodrilo do Digicraft e traballando co Scratux dentro do Plan Proxecta os alumnos de 5º elaboraron estes murais interactivos dentro da PDI do centro "Río Lameira, un río de Vida", que foron a presentar aos seus compañeiros de cursos inferiores. Este vídeo é unha mostra deste traballo e débese á inmensa paciencia do mestre Miguel Seoane.
Diego BookTuber
Enviado por josean o Mér, 17/04/2024 - 19:57Un Booktube especial: á cámara Raúl de 6º e diante dela o seu irmán Diego, un experto no mundo dos Booktube
Sequelo Booktubers II
Enviado por josean o Mér, 17/04/2024 - 19:53Moitos máis libros imprescindibles, segundo os booktubers máis famosos do noso colexio.
Issam:
Joel:
Leire:
María:
Martín:
Sequelo Booktubers I
Enviado por josean o Mér, 17/04/2024 - 19:06Prestade atención ás recomendacións literarias que vos deixan os mellores Booktubers do noso centro:
Ainhara 5º
Alonso 5º
Álvaro:
Ángel:
Darío:
Desireé:
O sequelo cociña...edición pascua
Enviado por laurarialf o Mér, 17/04/2024 - 15:28Chegamos coa última entrega deste curso do Sequelo cociña! Esta vez, os nenos e nenas máis maiores do cole aproveitaron o descanso de semana santa para facer unhas receitas moi deliciosas. Dádelle ao play e descubride a variedade de sobremesas que nos traen!
Moitas gracias a todos e todas pola vosa colaboración!
Xincana de Orientación en Briz
Enviado por inesduran o Mér, 17/04/2024 - 13:07Tarxetas de felicitación creativas
Enviado por josean o Lun, 15/04/2024 - 22:53A partir do traballo dos de 5º en Digicraft creáronse estas divertidas tarxetas de felicitación.
7 de ABRIL- DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
Enviado por Belen o Ven, 12/04/2024 - 14:28ESTE ANO O LEMA DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE É: "A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO", coa finalidade de defender o dereito da poboación a ter acceso a servizos de saúde, educación e información, así como a auga potable, aire limpo, boa nutrición, vivenda, condicións ambientais e de traballo decentes.
No noso colexio, grazas á Anpa, tivemos a oportunidade de que Antonio Casal (Aula de Saúde do Club Baloncesto Peixefresco Marín) viñese a dar dous talleres (un para nenos/as e outro para mestres/as e familias) relacionados cos Primeiros Auxilios, centrándonos mais no RCP.
Aprendemos moitísimo e sobre todo, quedamos coa frase de "a peor RCP é a que non se fai".
Moitas grazas, Toño e Anpa Aidón por esta formación tan necesaria.
Orientación deportiva- Illa das Esculturas
Enviado por Belen o Mér, 03/04/2024 - 15:40A continuación, deixo unha breve presentación da xornada de orientación deportiva do pasado martes 19 de marzo, cos alumnos e alumnas de 6º curso.
Día do Autismo
Enviado por inesduran o Mar, 02/04/2024 - 18:56Día Mundial da Poesía 2024
Enviado por josean o Ven, 22/03/2024 - 08:09Que mellor xeito que celebrar o día mundial da Poesía que con Celso Emilio Ferreiro e o seu "A nosa amiga"
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »