PARCELAS A CARÓN DO PAVILLÓN
O 5 de Xaneiro cal Reis Magos que se precen, o Concello de Marín, agasallou á Comunidade Educativa do CEP Sequelo con dúas leiras, pequenas, pero leiras ao fin e ao cabo. Todo foi debido ao bo labor e á dilixencia dos compoñentes da nosa asociación de pais e nais "Andión" á hora de escrebirlle a carta aos "Reis Magos". Un par de parcelas destinadas a actividades de caracter didáctico e ás que, tanto o Anpa coma o Colexio, esperamos sacarlle bo fruto, ou o que teñan a ben dar ambalas dúas.
Noraboa á nosa AMPA que outra vez mais se apunta un tanto na sua tarefa cotián en prol do colexio de todos.
Enviar un comentario novo