Contos dende a casa (23): Andrea Nunes Brións
Os e as poetas da vila, que os hai, e do mellorciño de Galicia quixeron estar connosco. E aínda que nunca fixeran incursións no eido infantil prestáronse coma neste caso Andrea a lerlle un conto aos nenos.
Activista política, feminista, poeta, cosmopolita e ao mesmo tempo moi galega. A obra de Andrea céntrase no xénero poético, está escrita na súa maior parte en lingua galega e é de carácter marcadamente feminista. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero e a lingua. Pertence ao grupo As Candongas do Quirombo co que ten elaborado varios videodocumentais. O seu primeiro poemario Corrente do esquecemento apareceu en 2007.
Andrea Nunes Brións - Orellas de Bolboreta from JOSEAN PAZOS on Vimeo.
Orellas de bolboreta
Grazas Andrea por agasallarnos con este precioso conto inclusivo que nos ensina a aceptar as diferenzas.
Enviar un comentario novo