Responder ó comentario
Visita ao castro A Subidá e petroglifos de Mogor
Enviado por Anónimo o Dom, 05/05/2019 - 21:22Grazas a Manuel, un alumno de terceiro, que lle escribiu unha carta ao Concello para falarlles sobre uns restos que atopou no castro A Subidá, o propio Concello invitounos ir a ver as excavacións no castro. Estivemos acompañados do concelleiro Manuel Santos.
Ademais, tamén completamos a visita indo ver os petroglifos de Mogor e baixando a praia onde nos explicaron os riscos e precaucións que debemos ter no mar.