Febreiro 2022
Unha de robots
Enviado por josean o Lun, 14/02/2022 - 17:02Logo de construír os robots había que tipificalos, e por grupos e diante da cámara, fomos "a posta de longo" dos nosos robots: nome, apelidos, de quen veñen sendo e para que servían.
E ao final tomas falsas que grabando nunca faltan
Día da Paz 2022 "Mandalas pola Paz"
Enviado por Anónimo o Lun, 14/02/2022 - 13:20Recompilación das actividades realizadas para a conmemoración do Día da Paz. Enchemos os corredores de mandalas nas que deixamos as nosas mensaxes de Paz.
Robots Perdidos
Enviado por josean o Sáb, 12/02/2022 - 14:50Aproveitamos o robot construido na actividade anterior para xogar a un xogo de cartas cooperativo. Creamos logo, a base do taboleiro a partir dunha plantilla e xogamos seguindo as indicacións das tarxetas e as instruccións dunha aplicación web.
Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia (11 de Febreiro)
Enviado por josean o Ven, 11/02/2022 - 13:00Por mor do día Internacional da Muller e a nena na ciencia, visitáronnos Sara e Laura, dúas biólogas coa experimentamos de primeira man o que é a ciencia a través de diferentes experimento clásicos no mundo da ciencia, como o Hemisferio de Nuremberg onde experimentamos o que era o baleiro; pero o que é máis importante, baixo a súa dirección, aprendimos divertíndonos.
Construímos robots
Enviado por josean o Xov, 10/02/2022 - 11:10Aprendemo sobre algúns tipos de robots que existen, buscando información e imaxes en Google, anotando as súas principais características para crear unha maqueta con materiais reciclados.
Entrevista á encargada das Obras
Enviado por josean o Xov, 10/02/2022 - 00:00Moi agradecidos á María, a encargada das obras, por concedernos un momentiño do seu tempo e contestarnos a tódalas dúbidas que tiñamos sobre o futuro do colexio.
Sans e escorreitos no Sequelo
Enviado por josean o Mér, 09/02/2022 - 21:57Pluriculturais e moi galegos tamén mediante a promoción da froita e o leite galegos
Erupción final
Enviado por josean o Mér, 09/02/2022 - 02:00A actualidade mandou, e por mor da erupción na illa da Palma do volcán Cumbre Vieja, os alumnos de 5º emprenderon un microproxecto que os achegou á realidade da illa canaria, o seu clima, costumes, flora....e moi especialmente ao coñecemento do seu vulcanismo. Como punto culminante do Microproxecto deseñaron os seus volcáns aos que fixeron entrar en erupción.
What is Peace?
Enviado por Anónimo o Mér, 09/02/2022 - 01:00What is peace? Inspired by the book "The Peace Book" by Todd Parr, our children have said what peace is for them. They couldn't be cuter!❤️
"Que é a paz esta inspirado no libro O Libro da Paz de Todd Par. Os nosos rapaces dixeron o que era a paz para eles. Son ou non son un amor?❤️"
Atletismo en pista
Enviado por Belen o Mar, 08/02/2022 - 18:37ESTA MAÑÁ OS NENOS/AS DE 5º CURSO, POIDERON PRACTICAR ATLETISMO EN PISTA NO CAMPO DE SAN PEDRO: LANZAMENTO DE VÓRTEX, LANZAMENTO DE PESO, SALTO DE LONXITUDE, RELEVOS, CARREIRA DE 500 M E DE 60 M.
ESTA SAÍDA FOI POSIBLE GRAZAS Ó PROGRAMA XOGADE DO PLAN PROXECTA.