Novembro 2018
O Samaín de 5ºB
Enviado por Miguel o Xov, 01/11/2018 - 17:46Ola a todos. Este mércores 31, celebramos no noso colexio a festa do Samaín. Viñemos disfrazados e case dabamos tanto medo coma os personaxes que atopamos cando visitamos a casa do terror, que era arrepiante. A exposición das cabazas era moi bonita e déronnos chuches a todos.
Os alumnos de 5ºB.
Obra de teatro "De los cuentos a las cuentas"
Enviado por Miguel o Xov, 01/11/2018 - 13:55O pasado luns 29 de outubro, o alumnado de 5º de primaria asistiu á obra de teatro "De los cuentos a las cuentas", organizada por Abanca dentro do seu programa de educación financieira; co que pretende facer chegar aos nenos o valor do esforzo, a previsión, a xestión adecuada do diñeiro, o aforro e a solidariedade.