blogue dejosean
#Non sexas burro o primeiro de Abril
Enviado por josean o Mar, 31/03/2020 - 23:28Facédelle caso a Darío Xosé Vidal Salgueiro e a ver o que facedes o primeiro de Abril. Non sexades burros, oh.
Contos dende a casa (30): Sabela Núñez Singala
Enviado por josean o Mar, 31/03/2020 - 17:41Como cada día unha persoa vencellada a nosa cultura quixo estar connosco amosando o mellor de si mesmo, hoxe é Sabela Núñez Singala, a autora dun libro que limos haberá dous ou tres aniños no cole. Sabela esta vez escolleu esta súa narración que ten por nome "Dous elevado a once", cuxos beneficios van destinados a dotar de libros a nenos coma vos con moitas menos posibilidade e que viven nun campamento do Sahara Occidental.
A Sabela teño entendido que lle gustan as Matemáticas e a vos? Quen é quen de dicir cantas palabras son 2 elevado a 11 palabras coas que conta a narración?
Traballando cos ángulos (III): Desafío angular
Enviado por josean o Mar, 31/03/2020 - 07:45Outro día máis tentando averiguar que tipo de plano angular é este que lle aplicou Elva a ese boneco.
Pero é que a min xúrdenme máis preguntas vendo a foto:
-Que fai o boneco na cociña?
-E que acaso tiña fame?
Movede ese maxín, dádelle á cabeciña que para iso a tedes!
Contos dende a casa (29): Gatiño e a neve
Enviado por josean o Lun, 30/03/2020 - 17:14Xa case que nos mandaron 30 contos dende a casa. A ver quen é quen de redondear a cifra, o número 29 é o que nos deixa Roberto Armada de 5º.
Poemas dende a casa (10): Fran Alonso
Enviado por josean o Lun, 30/03/2020 - 12:24Fran Alonso hai case unha década pasara polo noso colexio para amosarlle aos nenos un libro que xa é referencia dentro do eido poético destinado ao mundo infantil "O meu gato é un poeta" e agora volve estar connosco a través das redes, para lernos outro dos seus poemas este STREET POEMS.
Deuse a coñecer en 1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. En 1994 publicou Cemiterio de elefantes, unha colección de relatos centrados no mundo da noite, e en 1995 Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano.
Como poeta é autor dunha innovadora obra dende 1992, cando deu ó prelo Persianas, pedramol e outros nervios. A vontade rupturista e rebelde dos seus poemas está presente nas súas sucesivas entregas: Tortillas para os obreiros en 1996, Subversións en 2001.
Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron 27 autores galegos novos. Foi responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto e de narrativa Abismos, durante o seu período de vixencia. Foi subdirector para edición xeral de Edicións Xerais (2001-2018) e o seu director desde o 20 de abril de 2018. Tamén foi vicepresidente da Asociación Galega de Editores (2006-2010).
Como a súa obra é tan extensa só imos resaltar aquela destinada ao público infantil e xuvenil:
-Cidades, 1997, Edicións Xerais (Ilustracións de Pablo Otero Rodríguez "Peixe"). Traducida ao castelán.[5][6]
-O brillo dos elefantes, 1999, Edicións Xerais (Ilustracións de Luis Castro Enjamio).
-A casa da duna, 2002, Edicións Xerais.
-O brillo dos elefantes, 2006, Edicións Xerais.
-Cartas de amor, 2006, Edicións Xerais. Traducida ao castelán.
-Poetízate. Antoloxía da poesía galega, 2006, Edicións Xerais.
-A vida secreta de María Mariño, 2007, Edicións Xerais (Ilustracións de Fino Lorenzo).
-A araña e máis eu, 2009, Kalandraka. Foi traducida ao castelán, ao portugués, ao inglés, ao italiano e ao coreano.
-Folerpas de Novoneyra, 2010, Edicións Xerais.
-O meu gato é un poeta, 2011, Edicións Xerais.
-A punta de pistola, 2012, Edicións Xerais.
-Poemas birollos para ler cos ollos, 2016, Xerais.
Traballando cos ángulos (II): Desafío angular
Enviado por josean o Lun, 30/03/2020 - 08:54Hoxe escollemos esta foto que nos enviou Roberto de 5º. As dúas preguntas de hoxe son:
1. Que tipo de plano angular utilizou Rober para sacar a foto?
2. O moneco de que película saíu e que é?
A ver os fans da Ciencia Ficción
Entrevista a unha ENFERMEIRA
Enviado por josean o Dom, 29/03/2020 - 18:53María José Portabales traballa no Centro de Saúde de Marín e posto en contacto con ela, Breixo Sanjorge Boullosa de 5º B, fíxolle a seguinte entrevista:
1- Bos días, María José, en que centro sanitario traballas?
Dende esta semana traballo no centro de saúde de Marín.
2-Dende que xurdiu esta crise sanitaria que equipos de protección individual utilizas para non contaxiarte?
Dende que xurdiu a crise sanitaria os equipos de protección individual que utilizo son: bata desbotable, mascarilla desbotable e luvas.
3-Fáltavos material de protección para traballar con seguridade?
O material que utilizamos é desbotable, pero dende o primeiro día de alerta temos que reutilizalo, xa que hai escaseza del.
4-Tes medo de contaxiarte? Vas tranquila ao traballo?
Naturalmente que os primeiros días, debido á desinformación, que tiñamos medo de contaxiarnos, sen embargo agora vou moito máis tranquila ao traballo, xa que estou comprobando que o meu labor é moi importante e útil para axudar nesta situación crítica.
5-Fixeches o test para saber se tes ou non a enfermidade?
Non, non fixen o test, porque nin tiven síntomas, nin estiven nun centro sanitario onde se declararan casos da enfermidade entre o persoal, como puido ser o centro de saúde de San Roque en Vilagarcía de Arousa.
6-Nesta situación ségueche a gustar o teu traballo?
Ségueme gustando cada vez máis, sobre todo cando penso que podo axudar á xente que está enferma ou a que se prevé que poida estalo.
7-Cres que o noso sistema sanitario está preparado para afrontar esta pandemia?
Creo que nunca imos estar preparados para afrontar unha pandemia deste tipo, porque só estamos afeitas a un número reducido de enfermos, porén nesta situación excepcional loxicamente nin temos medios suficientes, nin estamos preparadas, porque non houbo unha previsión, nin se estaban adicando os recursos económicos suficientes nos últimos anos.
8-Son importantes para vós as mostras de apoio recibidas cada día por toda a cidadanía?
Claro que son moi importantes as mostras de apoio por parte da cidadanía, xa que nós temos medo máis que nada pola nosa familia e si que nestes intres de tensión e descoñecemento, onde non sabemos o que poida pasar e cal vai ser a forma máis correcta de actuar, ter o apoio é moi importante tanto para nós como para a xente que está traballando para que non nos falte de nada a ningunha persoa da poboación.
Moitas grazas María José por todo o voso esforzo e moitísimo ánimo nesta situación.
Poemas dende a casa (9): Helena Villar Janeiro
Enviado por josean o Dom, 29/03/2020 - 18:22Esta semana os alumnos de 5º van traballar co libro de Helena Villar "As señoras cousas" e a súa autora tivo a amabilidade de compartir connosco un dos poemas do libro: "Aquí ven o libro". Agora a poesía pasa da voz de Helena ás nosas.
Aqui ven o libro - Helena Villar Janeiro from Endl Cep Sequelo Marín on Vimeo.
Contos dende a casa (27): Lolo anda en bicicleta
Enviado por josean o Dom, 29/03/2020 - 17:22Roi Rodiño Fraguas de 5º uniuse a todos aqueles que nestes días nos están contando contos dende as súas casas; para tal fin el elixiu este "Lolo anda en bicicleta".
Dia mundial do Teatro: Ai mamasiña que medo
Enviado por josean o Sáb, 28/03/2020 - 17:50Cada semana os alumnos de 5º len un libro e coincidindo que este domingo era o día Mundial do teatro dedicaron a lectura semanal "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas" de Carlos Casares, pero xa na primeira semana de feche leran, este "Ai mamasiña que medo" que entre varios deles vos presentan e que foi escrito pola autora marinense Chus Pereiro. Punto e final.
Música dende a casa (7): PABLO DÍAZ
Enviado por josean o Sáb, 28/03/2020 - 10:56Pablo Díaz, cantante, compositor e investigador da música galega. Desde moi novo estuda e ensina materias relacionadas co baile e a música tradicional: a gaita, o clarinete, percusións variadas (tambor, bombo ou pandeireta), e a voz. Forma parte de varios grupos de música tradicional e folk (Donaire, Ruote, Entrecaixas e Tátara Trío), participando como músico e cantante. Colaborou tamén con Susana Seivane ou Pablo Seoane. Foi músico acompañante en contacontos da editorial Kalandraka.
Ten escrito artigos sobre música tradicional en revistas e xornais, participando tamén no programa Lume na palleira da Radio Galega.
Obras publicadas para os nenos
Tic Tac, 2010, Kalandraka. Libro-disco con ilustracións de Marc Taeger.
Toc Toc, 2013, Editorial Galaxia. Libro-disco con ilustracións de Nuria Díaz.
Xente miúda moita fartura, 2014, CD autoeditado, con ilustracións de Nicolás Fernández.
Tic Tac Toc, 2016, Galaxia. Libro-disco
Coas miñas mans, 2018, Galaxia. Libro-disco.
Pablo é un dos interpretes que participara no libro-CD "A nosa memoria" que recollía a tradición popular oral da nosa vila.
Contos dende a casa (26): A lúa de Xoan
Enviado por josean o Sáb, 28/03/2020 - 09:30Elva Pintos Omil de 5º escolle esta Lúa mariñeira de Xoán para compartir con todos vós, moi repantingada dende o salón da súa casa.
Contos dende a casa (25): Tonino
Enviado por josean o Ven, 27/03/2020 - 19:15El é un pingüín e chámase Tonino: chaqueta con faldróns, pico laranxa e ollos de botón, regordecho e zoupón.
Tanto lle ten ao noso pingüiniño o que pensen familia e máis veciños. El soña con marchar para o deserto; é o único certo.
Esta é a historia que nos trae dende a súa casa Martin de 5ºB
Contos dende a casa (23): Andrea Nunes Brións
Enviado por josean o Ven, 27/03/2020 - 11:35Os e as poetas da vila, que os hai, e do mellorciño de Galicia quixeron estar connosco. E aínda que nunca fixeran incursións no eido infantil prestáronse coma neste caso Andrea a lerlle un conto aos nenos.
Activista política, feminista, poeta, cosmopolita e ao mesmo tempo moi galega. A obra de Andrea céntrase no xénero poético, está escrita na súa maior parte en lingua galega e é de carácter marcadamente feminista. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero e a lingua. Pertence ao grupo As Candongas do Quirombo co que ten elaborado varios videodocumentais. O seu primeiro poemario Corrente do esquecemento apareceu en 2007.
Andrea Nunes Brións - Orellas de Bolboreta from JOSEAN PAZOS on Vimeo.
As Voces dos Animais (Faranduleando)
Enviado por josean o Ven, 27/03/2020 - 08:01Cando a un alumno lle pides que continúe unha canción tradicional sobre animais e che manda unha marabilla coma esta, danche ganas de non xubilarte nunca. Dos nosos alumnos, logo destes días podes dicir calquera cousa, agora que non lles vaia a farándula, non.
No principio Deus púxolle nome aos animais, agora ás voces deles o grande Roi Rodiño Fraguas
As voces dos Animais from JOSEAN PAZOS on Vimeo.
Traballando cos ángulos (I)
Enviado por josean o Ven, 27/03/2020 - 07:47Este desafío vai enfocado aos de 5º, porque eles traballaron un chisquiño co cine, pero tamén ten que ver coas Matemáticas e cos ángulos e a súa amplitude. A ver os de 5º e máis quen o saiba.
COMO SE CHAMA O ÁNGULO CO QUE MARTÍN LLE SACOU A FOTO AO SEU GATO E PORQUE SE CHAMA ASI?
e o que é máis importante
COMO SE CHAMA O GATO?
CONCURSO PILABOT: Necesitamos os vosos votos
Enviado por josean o Xov, 26/03/2020 - 20:14Necesitamos os vosos votos, pois só quedan catro días. O primeiro dos nosos representantes é o 5º. A votalos. Fai click na imaxe e entra a votalos
Contos dende a casa (19): O Papaventos Viaxeiro
Enviado por josean o Xov, 26/03/2020 - 09:40Dende moi, moi lonxe, nunha aldea perdida (que sorte ten) de Ponteareas, en pleno contacto coa natureza, Breixo Vidal de 5º traenos este conto do Papaventos Viaxeiro.
Música dende a casa (5): SERVANDO BARREIRO
Enviado por josean o Xov, 26/03/2020 - 08:20Músico, contador de historias, e moi importante isto último, veciño de Valadares (Vigo). Baixo o seu alter ego do Bardo Abelardo percorre na compaña literaria de Anxo Moure tódolos recunchos de Galicia procurando divulgar nas súas cantiguiñas e contos o respecto á natureza. Deixa moi especialmente para vos esta "Nana das árbores".
Músico de formación clásica debido ao seu crecente interese pola música tradicional galega, comeza a facer arranxos de melodías recollidas de diferentes cancioneiros galego-portugueses ou do contacto directo coa xente do rural en traballos de campo. Paralelamente, realiza composicións musicais con letras propias e de poetas clásicos e contemporáneos galegos. Froito deste traballo foi premiado no IV Festival Galego da Canción, que supuxo a gravación do seu primeiro disco compartido cos demais finalistas. Logo chegarían os traballos discográficos "O son da sega" (1996) na compaña do grupo Retrincos, "A dança do lume"( 1999), "Som voltas"(2004) e, máis recentemente, o libro-cd baseado en contos de Anxo Moure: "Vicentinho e as árvores da paz" (2010). O libro-cd "A música das árbores" (Xerais, 2015), en coautoría con Anxo Moure, é a súa primeira obra en Xerais.
Contos dende a casa (17): A mellor sopa do mundo
Enviado por josean o Mér, 25/03/2020 - 11:47E outro máis e xa van 17 contos contados en vídeo dende as nosas casas. Desta vez é a quenda de Sara Fernández Blanco e a "Mellor sopa do mundo". A comer ben de todo un pouquirrichiño.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »