EDLG

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Relatos finalistas no concurso "Relatos terroríficos", Samaín 2020

Estes son os relatos finalistas e gañador do concurso de "Relatos terroríficos polo Samaín" convocado polo CEP Sequelo en colaboración coa ANPA.

Moitas grazas a todos por participar, puxéstesllo moi difícil ao xurado.

"Relatos Terrorífico&q... by megoleal1

Cabazas gañadoras no "Concurso de decoración de cabazas". Samaín 2020

Estas son as cabazas gañadoras do "Concurso de decoración de cabazas", o xurado tívose que decidir por dúas pero realmente todas estaban moi traballadas. 

Noraboa a todos, grazas a vosa participación tivemos o colexio moi ambientado este Samaín. 

Samaín e Magosto 2020: unidades didácticas dos equipos de ENDL

Unidades didácticas para infantil e primaria de Samaín 2020 e do Magosto 2020, elaboradas polos EDLG de varios centros de ensino da Coruña, con diferentes textos, actividades e manualidades.

 Samaín 2020                                             Magosto 2020

"Concurso de decoración de cabazas". Samaín 2020

Neste tableiro de "Padlet" podedes poñer as fotografías das vosas cabazas. Recordade que tendes as explicacións ao final da carta de Birlo.

Hecho con Padlet

Que aprendimos dos musgos? (6º)

Comezamos a traballar sobre o mundo vexetal, dende a súa unidade funcional máis pequena, a célula, e xurdiunos a dúbida de que eran os musgos. Coa dúbida non íamos quedar.

Que corra o aire (6º)

A importancia da ventilación neste primeiro ano Covid, xunto cunha mestura de Sentidiño e sabiduría tradicional se mesturan neste video que grabaron os alumnos de 6º

Samaín 2020. Concursos terroríficos

Este curso no que todo ten que ser celebrado dun xeito tan distinto, Birlo, a mascota da biblioteca, que levaba moito tempo caladiño na biblioteca, en colaboración coa ANPA proponvos participar nuns concursos terroríficos!!!

  • Concurso de "Relatos terroríficos" para 4º, 5º, 6º. 
  • Concurso de "Debuxos terroríficos" para 1º, 2º, 3º. 
  • Concurso de "Decoración de Cabazas"

Lede atentamente a carta coas súas explicacións.

Concurso de Debuxos de San Miguel

Parabéns a Daniel Quintana de 6º B e a Adriana Cambeiro de 1º A que foron os gañadores nas súas respectivas categorías no concurso de Debuxo que convocou o Ateneo Santa Cecilia en torno á festa de San Miguel con estes dous magníficos debuxos.

A danza de espadas da festa dos mariñeiros

Porque inda que non o pareza non é Covid todo na vida, en 6º aprendimos moitas cousas do que é unha danza de espadas en condicións, co seu ferreñeiro, mestre de danza, guías, estandarte e demais cousas, que fixeron que a nosa danza de espadas fose a festa grande dos mariñeiros.

 


E se algún se anima a bailala, no primeiro disco de música galega de 1904, nuns primitivos discos de pizarra que se grababan daquela, entre as músicas que Perfecto Feijoo interpretaba estaba a nosa danza de espadas.
 

Xogos e xoguetes (Ed. Física)

O mundo do mar: as embarcacións tradicionais e os peixes

Algún alumno houbo que máis aló da súa presentación sobre o mundo do mar levou a cabo tamén un video contándonos de viva voz dende a súa casa, todo o que descubrira dun mundo, ao mesmo tempo tan cercano e tan afastado de nós.

Roberto Armada Aneiros

Martín Barreiro Touza

 

O mundo do mar

"O mundo do mar" foi resultado da investigación que os alumnos de 5º levaron a cabo dentro do Proxecto do Porto, para entender mellor a realidade mariñeira dos nosos portos.

Os burriños e o porco: Contos da Tradición Oral (XII)

Outro deses cosos cunha estructura que se espalla fortemente por Europa e que en distintas versións aparece nos distintos libros de contos que se foron editando ao longo do vello continente.  Pero esta versíón ten unhas características moi especiais, pois foi recollido na nosa vila pola doutora en Filoloxía Galega Camiño Noia e por outra parte non hai persoa de idade na vila que non coñeza o retrouso final do conto e o utilice nunha conversa a xeito de refrán ou de moral.

Os burriños e o porco contado de xeito espléndido por Breixo Sanjorge Boullosa

O ganso do Nilo

Outra das especies invasoras en Galicia e moi de moda nas noticias neste momento. A cousa foi creación de Xoel Sequeiros e Breixo Vidal.

Cando apareza o gardabosques co seu arco de bolas asustagansos dispáraas premendo a tecla x, para que o ganso se marche de Marín.

 

A raqueta antivelutina

Antes de poñerte a estragar raquetas de badminton sen ton nin son para loitar contra as velutinas, practica un pouquichiño con este simple xogo de Roberto de 5º.  Dalle a bandeira e cando a velutina se mova seguea co rato e cun click dalle coa raqueta.

Salpas

Como parte do noso PDI "Chegamos a bo porto" hai un tempo entrevistabamos a Xosé Iglesias Lamela, un patrón da costa da Morte, que nos falaba dun animal moi curioso chamado salpas e que daquela invadían o mar. 

Como nos picou a curiosidade botámonos a investigar que eran aquelas salpas (non confundir cos peixes do mesmo nome) que en Galicia tamén se coñecen cos nomes de Augamalas e Marmocas. Os resultados tédelos aquí, traballados a través da ferramenta de presentación colaborativa de Google Docs

 

Alexandra-Irene-Sara-Martín e Candela

 

Carla-Roi-Laura-Breixo Vidal

 

Maroua-Carlota-Xoel-Elva

A miña tía Manuela: Contos da tradición oral (XI)

O último conto da nosa rica tradición? Non o sabemos, porque esperamos que algún máis nos chegue.. Desta vez ben da man de Dani Quintana e vai do que lle pasou a dous curmáns que foron facer aquilo que se chamaba o "servizo militar". O conto ten moita retranca como ten que ter un conto galego.

Mingos ten xenio: Contos da Tradición Oral (X)

Nun determinado momento das nosas vidas todos lle temos que botar valor ao asunto e amosar quen manda, coma o Minguiños neste conto tradicional que nos conta Xoel Sequeiros Paz

A raposa e mailo galo: Contos da tradición oral (IX)

Hai moito tempo cando os animais falaban un galo e unha raposa.....Isto é o que nos conta Roi neste conto cheo de retrousos con rima, que funcionan a xeito de recursos nemotécnicos.

O esmoleiro: Contos da tradición oral (VIII)

A globalización da que tan amplamente se falaba antes da chegada do COVID, non era algo novo na transmisión de saberes e coñecementos; o que sucedeu e que ese proceso que estaba presente nas comunidades humanas acelerárase por mor dos medios de comunicación.  O conto que nos trae hoxe Carlota Díaz sonaravos coma "O conto da Leiteira", outro dos contos espallados por toda Europa. Antes cando a globalización era máis a modiño, daba tempo a que chegaran e a que se adaptasen á realidade de cada pobo.

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.