Esperando que chegue o 28 de maio! (Ed. Física)
Mañá, 28 de abril, celebramos o Día da Educación Física na Casa. Cumpre o seu décimo aniversario, desde que en 2011 se celebrase a primeira edición, e nesta ocasión cambia a súa R de Rúa pola C de casa, porque o confinamento está a facernos descubrir outra forma de traballar a EF e queremos ensinalo a toda a sociedade.
O Día da Educación Física na Casa 2020 quere mostrar a miles de persoas a actual EF: integradora, variada, cooperadora, divertida e transmisora de grandes valores.
As cifras de adhesión ao #DEFCR2020 #DEFC2020 superaron as da edición anterior hai semanas, alcanzando neste momento os 1.300 centros educativos e 250.000 alumnos/as en toda España.
Co gallo da celebración mañá ás 10:00 horas a través de YouTube Consejo COLEF, poderemos gozar dunha sesión lúdica e dinámica participando toda a familia.
Enviar un comentario novo