Responder ó comentario
Irmaus - Celso Emilio Ferreiro
Enviado por josean o Mér, 26/10/2011 - 18:10O ano 2012 vai ser sen dúbida o ano Celso Emilio e nos pensando en poder utilizalo no día da paz deixamosvos este fermoso poema que musicaron vai unha porrada de anos os "Fuxan os Ventos"
IRMÁNS
Camiñan ó meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estraños.
Pero ti, que te encontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Se é tua a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son iguais,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e tí negro e eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos soños son iguais,
coma un irmáu che falo.
Común témos a patria,
común a loita, ambos,
a miña man che dou,
coma un irmáu che falo.