blogue dejosean
Animation Desk
Enviado por josean o Mar, 16/06/2020 - 08:51Animation Desk é unha app que inda dixital funciona dun xeito moi tradicional no mundo da animación, traballando con capas superpostas. Como se usases papel cebola vas poder ver a anterior posición dos teus debuxos e logo cambialos para crear movemento. E si, como moitas outras, na súa versión máis básica é gratuita.
Os rapaces atrevéronse con ela, malia que nos viña recomendada por Luz Beloso, que é mestra de secundaria e a emprega cos seus alumnos, e algo sacaron.
A primavera
Tamén houbo quen como Breixo Sanjorge probou con outra ferramenta como Stick Draw que nas súas palabras: "É un programa de animación no que inclúe: inserir imaxes, facer poligonos perfectos, alta variedade de cores, papel de cebolla, ... Recomendollo ás persoas que estan empezando a facer animacions porque é moi facil traballar nel e é moi facil exportar os traballos."
Por se alguen se anima aquí tedes un titorial da primeira ferramenta de man da propia Luz Beloso.
Xeometría en imaxes
Enviado por josean o Dom, 14/06/2020 - 17:24A Xeometría a través do cotiá; así traballaron os alumnos de 5º A a Xeometría: planos, liñas, polígonos. Buscaron a xeometría nas súas casas e sacaron fotos dela.
El Monte y el Rio: Poemas dende a casa (32)
Enviado por josean o Ven, 12/06/2020 - 22:47Xa o traballaramos no cole e só foi preciso que Dani Quintana lembrase este precioso poema de Pablo Neruda. Ven comigo ao reino da poesía. Pablo Neruda invitate a entrar.
COLOCA OS PRONOMES CON AMOR
Enviado por josean o Ven, 12/06/2020 - 07:42A que cando falas en inglés, non se che ocurre deixar unha oración afirmativa sen suxeito, ou colocalo ao final da frase?
En galego unha das cousas que máis renxe cando un se bota a falar, fóra dos tempos compostos que tamén renxen de seu, é a colocación inapropiada dos PRONOMES. Neste vídeo explícannos a todos como colocalos con AMOR.
E para que sexas un experto en colocar os pronomes se non é con amor, a xeito, deixámosvos unha recolleita de frases que fomos procurando nos medios. Dicimos o pecado pero non o pecador, porque na nosa autonomía dende o Presidente ata o último cidadán se trabucan. Tratade os pronomes con amor e dicídenos nos comentarios onde están os erros
1. Aos políticos os critica todo o mundo.
2. A esta coma aos outros lle convén continuar.
3. Lle vou contar a verdade, señoría.
4. O fago así desde hai moito tempo.
5. Mo levo porque me gusta
Dez: Poemas dende a Casa (31)
Enviado por josean o Mér, 10/06/2020 - 18:08A nova poesía galega, representada neste poema de María Lado, que recitan Roberto Armada e Xoel Sequeiros. O poema que leva por subtítulo (con lualdao) atopase no "Poetízate. Antoloxía da poesía galega (Xerais, 2006)"
Entrevista a Stephan Dohr
Enviado por josean o Dom, 07/06/2020 - 21:02A petición de Laura Arribas López, contactamos cun dos máis grandes interpretes actuais de trompa, o músico alemán Stephan Dohr, que amablemente, se deixou entrevistar pola nosa alumna, que ademáis toca o mesmo instrumento. Stephan contestou dende Alemania ás catro preguntas que Laura lle fixo.
Entrevista a Xose Iglesias Lamela, patrón da Costa da Morte
Enviado por josean o Lun, 18/05/2020 - 22:19Dentro do proxecto que eliximos este ano se engloba esta entrevista que dende a nosa radio fixemos ao patrón, mariñeiro e poeta Xose Iglesias Lamela. Máis aló da triste realidade do Coronavirus, contanos moitas máis cousa dun traballo que ata hai nada era o dos nosos pais e avós, un traballo coa presenza constante das marés e en perpetuo cambio; e como nos conta Xosé máis agora polo cambio climático que se está notando xa nos mares: especies como as salpas enchen o mar...Teremos como di Xosé que investigar que son....
Caricaturas Ricardo Carvalho Calero (II)
Enviado por josean o Lun, 18/05/2020 - 21:19Os alumnos de 5º A traen moitas máis visións da personaxe, Ricardo Carvalho Calero retratado coa maestría da que só son quen os nenos e nenas do Sequelo.
Caricaturas Ricardo Carvalho Calero (I)
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 20:20Tanto de xeito "artesanal" como ao xeito 2.0 os alumnos de 5º animáronse a deixarnos algunhas das súas recreacións da figura de Carvalho Calero, de máis mozo e de vello.
Poemas dende a casa (30): A dorna vai e ven
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 18:14Clara Lamas Seijo de 5º A, caracterizada para a ocasión, deixanos este marabilloso poema que Álvaro Cunqueiro trobou ao estilo das nosas cantigas medievais
Poemas dende a casa (29): Dramatizando a Carballo Calero
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 18:04Esperemos que non sexa verdade o título do poema de Carvalho Calero, inda que o seu significado fose moi outro. Breixo, Carlota, Laura e Alexandra logo de traballar este soneto do autor, recítanno para todos.
Poemas dende a casa (27): Ferrol 1916
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 09:57Os rapaces e rapazas
de quinto A
un poema do homenaxeado
foron recitar.
Lembrando a súa infancia no Ferrol
antes da morte da súa nai...
(preme no botón de subtítulos do vídeo se non o entendes ben)
Poemas dende a casa (26): Vivir non é preciso, navegar si
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 07:39Marín inda garda recunchos de Marín, recunchos que descubren os alumnos de 5º a través da poesía de Celso Emilio Ferreiro, porque....
"Vivir non é preciso, navegar si"
Moi agradecidos ás familias, que en canto puideron saír cos rapaces, se botaron a navegar Marín.
Poemas dende a casa (25): A roda do lume
Enviado por josean o Sáb, 16/05/2020 - 11:12Hai uns aniños Ángel Estévez Pazos viñera polo colexio para falarnos do Entroido Tradicional no seu San Tomé natal. Un aniño máis tarde sacara este fermoso libro do que Elva Pintos Omil, tamén con orixes familiares en San Tomé, nos deixa esta "Roda do Lume". A palabra poética sopla con máis forza no lugar onde se imaxinou.
Spots Publicitarios (II)
Enviado por josean o Xov, 14/05/2020 - 23:03Agora máis ca nunca os pequenos comercios que están volvendo abrir necesitarán dunha boa publicidade, boa publicidade como a que lle poden proporcionar os nosos pequenos artistas:
Axencia de Viaxes Mart Inc.
Chocobom
Dani Lamborghini
Bateaeucaliptos e a herba da pampa
Enviado por josean o Xov, 14/05/2020 - 23:00Un xogo obra de Breixo Vidal Salgueiro ao que non lle gustan moito nin a herba da pampa, nin os eucaliptos.
Bateaeucaliptos e a herba da pampa
Enviado por josean o Xov, 14/05/2020 - 23:00Un xogo obra de Breixo Vidal Salgueiro ao que non lle gustan moito nin a herba da pampa, nin os eucaliptos.
Spots Publicitarios
Enviado por josean o Mér, 06/05/2020 - 08:00Logo de ver estes spots publicitarios de verdade que non tedes ganas de mercar os produtos que Breixo Sanjorge, Irene Pazos, Roberto Armada e Xoel Sequeiros nos publicitan?
MERCA!!
Reloxo Irene, un luxo para o home de hoxe
Uviña, puro zume de uva
Champú Boa Vida
Cartas de Fútbol Serie Ouro
Reloxo Irene, un luxo no teu pulso
Guinea Ecuatorial
Enviado por josean o Mér, 06/05/2020 - 07:41A raiz de que Daniel Quintana nos deixou a súa visión de como se viviría na Guinea, de onde eran os seus avós, o Coronavirus, tódolos demais empezamos a interesarnos por ese pequeno país con vencellos tan estreitos co noso. Así que estudamos os seus costumes, linguas, economía, clima, vexetación... O propio Dani xunto coa súa irmá realizaron este bonito vídeo que conta un pouco como é a vida no país dende unha perspectiva moi persoal.
Visita ao Museo de Pontevedra: Manualidades dende a casa (44)
Enviado por josean o Lun, 04/05/2020 - 22:29Mediante a técnica do Stop Motion distintos grupos de rapaces idearon unha visita virtual ao Museo, para tal fin inventaron os seus propios guións e co que tiñan na casa foron deseñando estas visitas.
A primeira foi feita por Elva Pintos, Carlota Díaz, Rubén Argibay, Sara Fernández e Xoel Sequeiros.
Dende outra perspectiva elaboraron a súa visita Carla Vilela, Laura Arribas, Candela Bermúdez, Irene Estévez e Martín Barreiro.
A Martín Barreiro gustoulle tanto a visita que incluso a ampliou:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »