EDLG
Informativo Especial Magosto 2021
Enviado por josean o Xov, 11/11/2021 - 23:40Os nosos correspondentes especiais destacados no Magosto do Sequelo entrevistaron a pais, mestres e compañeiros para recabar opinións. E para que se vexa que somos un centro plurilingüe per se, ata co Inglés de Ourense se atreveron.
Diante da camara Noa e Iria, na cámara Valeria e Noa, e no son Humble e Sariña.
Imos ao Magosto
Enviado por josean o Xov, 11/11/2021 - 18:19O noso amigo anda como tolo por chegar ao Magosto que organiza a Anpa, pero non sabe como. Guíao coas frechas do cursor e evita tocar as paredes do labirinto.
Scratch by Roberto Carlos Santiago Nedea
Entrevista á dama dos pés de cabra
Enviado por josean o Xov, 11/11/2021 - 18:07Ata a porta de 5º achegouse un gato negro e na súa compaña "A dama dos pés de cabra", e aproveitando o suceso os nenos de 5º entrevistárona para todos vos.
Samaín de Enzo
Enviado por josean o Xov, 11/11/2021 - 17:01Xa rematamos co Samaín? Pois inda quedan moitos traballos pendentes, coma este primeirizo de Enzo, onde tocando cada unha das letras da palabra, verás o que sucede.
GATIPEDRO 2.0
Enviado por josean o Mar, 02/11/2021 - 15:36O Gatipedro é unha figura da Mitoloxía galega que facía que os nenos mexasen na cama. Había quen o describía coma un gato branco cun corno na cabeza do que brotaba auga e que polas noites se achegaba ás camas onde durmían os nenos.
Para ver o que é quen de facer o Gatipedro, preme a bandeira sobre a imaxe, a barra do espazo, e moi especialmente a tecla Q.
Traballo realizado por Roberto Carlos Santiago Nedea de 5º
Resumo das actividades Samaín 2021
Enviado por Anónimo o Sáb, 30/10/2021 - 20:15Deixamos varios vídeos resumo das actividades que se realizaron no colexio en colaboración coa ANPA Aidón e coa ampla participación da comunidade escolar. Moitas grazas por participar, sin a colaboración de todos este tipo de actividades non sería posible.
Botádelle unha ollada.
Están de medooo!!!
Vídeo 1
Vídeo 2
Concurso de "Decoración de cabazas". Samaín 2021
Enviado por Anónimo o Sáb, 30/10/2021 - 19:37Despois dunha difícil deliberación do xurado as cabazas gañadoras foron:
- 1º Categoría: Gabriel Soto Pazos, de 4º
- 2ª Categoría: Nicolás Cabada Boullosa, de 2ºA
Parabéns aos gañadores e moitas grazas a todos pola vosa participación, estaban todas estupendas. Fixestes que a elección do xurado fora realmente difícil.
Contos terroríficos
Enviado por Anónimo o Mér, 27/10/2021 - 01:22Publica aquí os audios ou vídeos dos teus contos de medo ou contos terroríficos; ou ben, entrégallos ao teu profe titor-a para que os publique.
"Concurso de decoración de cabazas". Samaín 2021. CEP Sequelo
Enviado por Anónimo o Ven, 22/10/2021 - 11:16Neste taboleiro de "Padlet" podedes poñer as fotografías das vosas cabazas. Recordade que tendes as explicacións ao final da carta de Birlo (na entrada anterior desta web e tamén no blog da biblioteca).
Agardámolas impacientes.
Seguro que as facedes de meeeedo!!!
Actividades Samaín 2021
Enviado por Anónimo o Xov, 21/10/2021 - 10:49Ola! son Birlo, como xa sabedes a mascota da biblioteca, que ando por aquí argallando cousas un ano máis.
Aquí vos deixo esta carta explicando o que o equipo de dinamización da biblioteca, o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), a ANPA e máis eu temos pensado para facer esta ano para celebrar un Samaín de medo!!!
Lede a carta atentamente e animádevos a participar!
Moitas grazas! Vémonos!
Que aprendemos... da danza de espadas
Enviado por josean o Xov, 07/10/2021 - 20:47Logo de todo o traballo que se levou a cabo no colexio, pedímoslles aos nenos que nos dixeran unha ou dúas cousas que aprenderan da nosa danza de Espadas. O resultado aquí o tedes:
Dos personaxes da danza e máis cousas
Enviado por josean o Mér, 06/10/2021 - 20:35Amir, Iván, Lía, Marcos, Andrea, Abel, Ramiro, Aylen, Luis e Iria falannos dos personaxes da danza e de certas cousas que se perderon nela. Un a un van esmiuzando quen é quen na Danza de Espadas de Marín.
Recompilación da proposta San Miguel 2021 "A danza de espadas"
Enviado por Anónimo o Mér, 06/10/2021 - 18:23Este curso empezamos traballando unha das tradicións máis arraigadas no nosa vila a festividade de San Miguel e a danza que se baila nesta data "A danza de espadas".
Foi unha proposta que nun principio partiu da ANPA Aidón, con intención de facelo dun xeito informal, pero que nos veu moi ben para empezar a facer noso o lema elexido para as bibliotecas este curso "A biblioteca escolar ten a palabra", poñendo o foco na palabra e na oralidade.
Así que propuxemos ao noso alumnado que preguntase ao que tiña máis preto, ás fontes orais: avós, pais, amigos, veciños... recollendo toda esta información.
Recuperamos deste xeito a utilización da biblioteca, como lugar de encontro, despois do parón do curso pasado derivado da situación producida pola COVID, e de restreno tras as obras que se realizaron a fin de curso.
O noso agradecemento á ANPA pola súa colaboración e implicación no desenvolvemento das actividades.
Deixámosvos a recompilación de como se desenvolveu toda a proposta.
A orixe da festa de San Miguel
Enviado por josean o Ven, 01/10/2021 - 20:27De maneira "extraoficial" a festa púxose en Setembro, porque alí cadraba San Miguel, pero por moitas outras cousas que tiñan que ver co xeito en que os mariñeiros se ganaban a vida, e así nolo contan Kenia, Antón, Aaron e Noa e aos mandos estiveron Uxía e Aitana de 5º
Danza de espadas: entrevista a Lois Dopazo
Enviado por josean o Ven, 01/10/2021 - 06:42A Radio Sequelo ponse en movemento outro ano mais e para conmemorar o día 29 de Setembro, acude ás nosas instalacións o Presidente do Padroado de Mareantes, Lois Dopazo, que nesta instructiva entrevista cóntanos moitas cousas ao redor da orixe, características e formación da danza de festas e da festa onde se integra.
A GAITA MÁIS ANTIGA DE MARÍN
Enviado por josean o Mér, 29/09/2021 - 06:45Hoxe, a Gaita máis antiga de Marín, 200 anos ten enriba, a gaita Marañona, propiedade dunha antiga saga de gaiteiros de Mogor quixo estar connosco para celebrar o día; e para o mesmo, trouxo con ela ao gaiteiro de Picuíña, José Gil Dopazo.
Isto foi o que nos contou:
A danza de Espadas: un exército en movemento
Enviado por josean o Lun, 27/09/2021 - 19:46Es quen de atopar aos "xefes" ou mestres de danza destas danzas de espadas das Rías Baixas e identificar que os diferencia dos demais danzantes?
Aprende ademais o nome do resto dos personaxes que conforman a danza de espadas de Marín.
A Figueira de Newton
Enviado por josean o Ven, 18/06/2021 - 18:31Animación feita con Scratch, idea orixinal de Breixo Vidal e narrado por el mesmo e Daniel Pastoriza Pidre. Unha versión nova do descubrimento da Gravidade por Newton
O Eco do Sequelo
Enviado por josean o Ven, 18/06/2021 - 16:12Que pasaba en 2015, cando os rapaces de 6º entraban no noso Centro? Pois moitas cousas como as que nos contan Candela, Carla, Alexandra, Maroua e Irene.
Todo iso xunto coa entrevista a algún dos mestres que estiveron con elas este ano. Revista feita con maquetas do Scribus.
20 Razóns para falar galego
Enviado por josean o Ven, 18/06/2021 - 06:31Os alumnos de 6º B aportan cadansúa razón para falar galego ou cando menos para non esquecerse da lingua que creamos os habitantes deste pequeno recuncho arriba e a dereita da Península Ibérica.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »