Emisións
Día do Pobo Xitano
Enviado por josean o Lun, 08/04/2019 - 21:44Por mor do día do Pobo Xitano, os nosos alumnos, elaboraron un programa para a Radio Sequelo sobre o seu pobo para comprender mellor como son, sinten e pensan; e cal é a súa orixe que ata fai pouco era todo un misterio.
Esta nova etapa da nosa radio comeza con medios que irán mellorando a medida que teñamos máis practica pero con moita ilusión.
21 de marzo "Día Mundial da Síndrome de Down"
Hoxe 21 de marzo conmemoramos o Día Mundial da Síndrome de Down, e dende o CEP Sequelo, queremos sumarnos á iniciativa internacional dos calcetíns desparellos https://downgalicia.org/2020/03/18/calcetins-desparellos-para-conmemorar-o-dia-mundial-da-sindrome-de-down/.
Esta campaña busca concienciar e apostar pola importancia da inclusión e diversidade. Queremos enche a nosa web de calcetíns de tódalas cores e estampados. Envíanos a túa foto á dirección de correo sequelonacasa@gmail.com.
Anímate a participar!
A profe Tamara de Educación Física foi a primeira en animarse...
Día Internacional da Muller Traballadora.
Enviado por Miguel o Dom, 10/03/2013 - 20:40Este venres, 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora. Os nenos e nenas de 5ºB leron no aula un manisfesto para esta ocasión.
Cuentos para antes de despertar.
Enviado por Miguel o Dom, 10/03/2013 - 20:35O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da muller traballadora. Aquí tedes un conto que de seguro que vos vai a gustar: ''Los colores''. Que o disfrutedes.
Día da Paz 2013.
Enviado por Miguel o Dom, 10/03/2013 - 20:28Podedes escoitar aquí un poema que recitaron para este día os alumnos de 5ºB.
Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
Enviado por Miguel o Dom, 10/03/2013 - 20:24O pasado venres, 23 de novembro de 2012, conmemoramos no noso centro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Montouse este mural co material que nos proporcionou o Concello de Marín e nas aulas os titores e alumnado leron un manifesto contra a violencia de xénero, recordando a lacra que esto supón para a nosa sociedade e recordando que a igualdade que hai entre os homes e as mulleres non só debe ser teórica , senón que debe ser levada á práctica.
Aquí tedes a lectura do manifesto por parte dos alumnos de 5ºB.
Canción, poemas, adiviñas e lenda de Magosto.
Enviado por Miguel o Xov, 15/11/2012 - 20:55O pasado venres 9 de novembro, celebramos o Magosto no CEP Sequelo. Este ano por mor das obras no centro non puidemos facer xogos e outras actividades no patio, pero si que puidemos comer as castañas que a ANPA asou para todos. De todas maneiras en cada aula se fixeron diferentes actividades para recordar o día. Aquí tendes o audio dalgunhas que se fixeron na aula de 5ºB. Agradecer tamén a colaboración da profe Marimar na canción que cantaron os rapaces e rapazas nangunhas aulas.
PROGRAMA DE RADIO 18 ANIVERSARIO XABARÍN
Enviado por josean o Mér, 18/04/2012 - 16:13Dende o Cep Sequelo desexamosche feliz 18 aniversario e que cumpras moitísimos mais. Grazas por estes 18 anos e a cumprir 100 e mais. Este proxecto foi posible grazas aos coñecementos técnicos do profe Miguel e a boa disposición das locutoras da radio-online
O día da Paz 2012, no CEP Sequelo.
Enviado por Miguel o Ven, 10/02/2012 - 21:04Os alumnos e alumnas de 6º do CEP Sequelo, nárrannos a vida de Gandhi para conmemorar o día da Paz, que celebramos o 30 de xaneiro de 2012. Despois vos len uns poemas coa canción que escollemos este ano para celebrar ese día.
13:26 minutes (8 MB)