Animation Desk
Animation Desk é unha app que inda dixital funciona dun xeito moi tradicional no mundo da animación, traballando con capas superpostas. Como se usases papel cebola vas poder ver a anterior posición dos teus debuxos e logo cambialos para crear movemento. E si, como moitas outras, na súa versión máis básica é gratuita.
Os rapaces atrevéronse con ela, malia que nos viña recomendada por Luz Beloso, que é mestra de secundaria e a emprega cos seus alumnos, e algo sacaron.
A primavera
Tamén houbo quen como Breixo Sanjorge probou con outra ferramenta como Stick Draw que nas súas palabras: "É un programa de animación no que inclúe: inserir imaxes, facer poligonos perfectos, alta variedade de cores, papel de cebolla, ... Recomendollo ás persoas que estan empezando a facer animacions porque é moi facil traballar nel e é moi facil exportar os traballos."
Por se alguen se anima aquí tedes un titorial da primeira ferramenta de man da propia Luz Beloso.
Enviar un comentario novo