Hoxe traio unha nova actividade para todos e todas!!!!!!!
Esta proposta empezámola o venres pasado, presentando unha tarefa na que tiñades que escoitar unha pista musical e contestar unhas preguntas, xa tedes a primeira parte feita?
Pois vamos a pola seguinte parte…
buscar xogos que estean acompañados de cancións, recitativos rítmicos, adiviñas, ladaíñas,… existe moitos e moi variados, podendo ser xogos de palmas, de corda, de goma, de botar a sortes,… temos moitas categorías. Nesta tarefa, teredes que facer unha entrevista similar a que fixemos cos ”xogos e xoguetes”, pode vir acompañada dun vídeo no que saídes practicando o xogo, explicando como se xoga e xogando,… preséntovos algúns exemplos que encontrei en internet, pero seguro que aparece algún que non está catalogado, se a súa finalidade é xogar, pasalo ben e ten canción, ritmo ou música, tamén vale.
Déixovos algúns exemplos:
Canción de corda
Canción de goma
Xogo de palmas
Xogo con canción
Botar a sortes
O modelo de entrevista axúntovolo en pdf, odt e formato word, xa sabedes que podedes enviarmo cuberto directamente no ordenado, en foto, ou coas preguntas en outra folla.
Estamos moi ilusionadas a profe Merchi e eu por esta nova actividade esperamos que vos guste e poidamos coñecer moitos xogos novos.
Enviar un comentario novo