Responder ó comentario
Clima de aula necesario para un neno autista
Enviado por josean o Xov, 06/12/2012 - 13:42
Non podemos pretender ter una ambente desestructurado, ruido na clase e que un neno con autismo funcione ou incluso calquier neno con necesidades estea relaxado e saiba o que debe facer en todo momento.
De modo que é importante seguir unhas pautas:
1º) Cando se traballa NADA DE RUIDO.
2º) Todos traballamos AO MESMO TIEMPO. Ao igual que todos xogamos ou bailamos ao mesmo tempo. Ningún neno quererá traballar se ve a outros xogar.
3º) Cando chegamos a clase, cada neno debe saber ir ao seu percheiro, falar tranquilamente cos seus compañeiros, ao mesmo tempo que vai deixando as suas cosas e vaise sentando no seu sitio
4º) Antes de dar ordes sinxelas como: sentamonos na asamblea, recollemos, imos empezar coa ficha... é importante que ESTEAMOS TODOS EN SILENZO eque o profesor teña a atención da clase.
5º) Á hora de dar as ordes é importante que ao principio non se fale en xeral, se non que se nomee aol neno. Por exemplo: Todos os nenos e Gael sentanse na asamblea. Agora imos poñernos na fila, Gael fila... Se é necesario amosaselle o pictograma pertinente para facilitar a comprensión.
6º) Ao longo da xornada escolar está ben que se vaia anunciando o que iremos facendo ese día a toda a clase. Por exemplo: Hoxe vai vir a profe de inglés. Lembrádevos de que hoxe chove e imos ao patio cuberto, cando vos chame á fila...imos directamente, hoxe toca psicomotricidade acordadevos de que cando toca o timbre imos á fila... Iso axudará a que toda a clase saiba o quefará en cada momento e estea organizada coma unha colmea. ANTICIPAR O QUE ACONTECE GARANTIZA TRANQUILIDADE para Gael e para o grupo clase en xeral.
7º) Orden na clase: cada material ten o seu sitio para que seaibamos onde está cada cousa.
8º) Evitar ter la clase sobrecargada con adovios e miles de estímulos visuais.
9º) Ter unhas RUTINAS facer sempre o mesmo. Por exemplo: preparar ls carpetas e colocalas sempre no mesmo sitio, gardar sempre as fichas no mesmo sitio, prepararse para as merendas sempre do mesmo xeito... As rutinas facilitan que o neno con autismo se sinta moi seguro, aprenda por repetición e imitación e favorece cos nenos gañen autonomía.
Debemos funcionar coma unha colmea sabendo o que se espera de nos en todo momento e que cada neno teña a man recursos dabondo para manexarse no ámbito educativo. Para elo lembradevos:
- Manexar o ruido: pouco o ningún ruido ao traballar. Ruido moderado durante os rincóns.
- Traballar todos ao mesmo tempo.
- Dar unhas orientacións deos acontecimentos do día na asamblea ou durante a mañá.
- Material colocado.
- Ordes sinxelas que se deben dar cando todo o mundo estea atento para garantir unha boa comprensión.
- Rutinas