Responder ó comentario
PROXECTO LECTOR: Contacontos no Primeiro Ciclo
Enviado por josean o Dom, 29/04/2012 - 18:54Dentro do Proxecto Lector que estamos levando a cabo, cada certo tempo os alumnos do Primeiro Ciclo están realizando cos seus compañeiros, tanto mais pequenos como mais grandes, sesións de Contacontos. O venres foi o turno de Jonathan, Alberto e Antón, disfrutamos con eles destes dous marabillosos contos, porque non o esquezamos o primeiro de todo é que a lectura serve para pasar un bo rato.