blogue dejosean
Chef Mini: Biscoito de castañas (II)
Enviado por josean o Sáb, 21/11/2020 - 19:25Hoxe en Cociña co Roi Rodiño, imos facer un biscoito de castañas, rico, rico e con moito fundamento. Dende o set da SequeloTV na rúa Echegaray Roi vainos contando dunha forma amena e exhibindo o seu gorro de Chef os pasos para un estupendo biscoito. Rico, rico e con fundamento.
Chef Mini: Biscoito de castañas
Enviado por josean o Sáb, 21/11/2020 - 18:57Un apetitosísimo postre con base de castañas que cociñou para todos nós Xoel Sequeiros Paz de 6º.
Que sabemos da Bolboreta?
Enviado por josean o Dom, 08/11/2020 - 23:00Por mor da Covid 19, temos que renovar o aire da aula con asiduidade e con tal fin temos abertas portas e fiestras; e por unha desas fiestras abertas entre os bechos que se nos teñen colado, colousenos unha bolboreta e como os rapaces son curiosos e que ademais coincidiu que comezabamos a lección 2 de Ciencias Naturais, os Animais, pois que se nos deu por saber que era o que non sabiamos das Bolboretas e de certo que había cousas que non sabiamos.
Que sabemos da Laminaria?
Enviado por josean o Dom, 08/11/2020 - 22:31Pois os nenos de 6º saben moitas cosas que están resumidas nestas dúas presentacións colectivas. Entre outras cousas que realizan a fotosíntese e que na nosa ría están en claro retroceso o que empobrece a biodiversidade dos nosos fondos mariños, un retroceso provocado pola contaminación da ría e o cambio climático.
Sanguento Samaín
Enviado por josean o Dom, 08/11/2020 - 18:32Seguimos explorando a linguaxe visual e por medio do Stop Motion Breixo Vidal, Roberto Armada, Xoel Sequeiros e Rubén Argibay crearon este Sanguento Samaín.
Entrevista a unha paciente Covid
Enviado por josean o Lun, 02/11/2020 - 21:48Por desgraza algúns dos compoñentes do Servizo de Sanidade Pública que nestes momentos coidan de nos, pelexando contra o Covid, acaban collendo a enfermidade, como foi o caso da enfermeira Inés Lobeira que entrevistabamos durante o confinamento. Por sorte, o seu contaxio foi suave e tivo un anaquiño de tempo para deixarnos as súas impresións nesta entrevista.
Un conto para Samaín
Enviado por josean o Lun, 02/11/2020 - 21:18Coma tódolos contos tradicionais europeos, os contos tradicionais galegos non deixan de ser pequenas historias de terror, de bruxas, meigas, mouras, velliñas que saen do fondo da terra, como este "Os dous corcobados" que conta Laura Arribas de 6º B
Que aprendimos dos musgos? (6º)
Enviado por josean o Mar, 20/10/2020 - 06:40Comezamos a traballar sobre o mundo vexetal, dende a súa unidade funcional máis pequena, a célula, e xurdiunos a dúbida de que eran os musgos. Coa dúbida non íamos quedar.
Que corra o aire (6º)
Enviado por josean o Dom, 18/10/2020 - 21:05A importancia da ventilación neste primeiro ano Covid, xunto cunha mestura de Sentidiño e sabiduría tradicional se mesturan neste video que grabaron os alumnos de 6º
Concurso de Debuxos de San Miguel
Enviado por josean o Mér, 30/09/2020 - 15:37Parabéns a Daniel Quintana de 6º B e a Adriana Cambeiro de 1º A que foron os gañadores nas súas respectivas categorías no concurso de Debuxo que convocou o Ateneo Santa Cecilia en torno á festa de San Miguel con estes dous magníficos debuxos.
A danza de espadas da festa dos mariñeiros
Enviado por josean o Mér, 23/09/2020 - 01:22Porque inda que non o pareza non é Covid todo na vida, en 6º aprendimos moitas cousas do que é unha danza de espadas en condicións, co seu ferreñeiro, mestre de danza, guías, estandarte e demais cousas, que fixeron que a nosa danza de espadas fose a festa grande dos mariñeiros.
LISTAXE DE MATERIAL 4º CURSO DE PRIMARIA
Enviado por josean o Mér, 09/09/2020 - 09:40Boas familias e nenos/as! Benvidos a este novo curso escolar!
Son a mestra de 4º curso, Andrea. Déixovos aquí a listaxe de material para o curso 2020/2021.
Un saúdo!
BENVIDOS AO COLE
Enviado por josean o Lun, 07/09/2020 - 18:07Dende o CEP SEQUELO, queremos darvos a benvida a este ano tan especial, onde coma sempre e incluso moitísimo máis, imos ter que traballar pais, alumnos e profes cóbado con cóbado para saír con ben desta situación que nos tocou vivir. Todos xuntos somos Escola.
O Xoves, 10 de Setembro comezan as clases. Haberá dous turnos de entrada:
ás 9 horas: 1º e 3º;
ás 9:10 horas: 2º curso.
O Venres, 11 de Setembro, engadiranse os 4º, 5º e 6º , onde xa estarán tódolos cursos entrando os impares ás 9:00 e os pares ás 9:10, é dicir:
ás 9:00 horas: 1º, 3º e 5º cursos
ás 9:10 horas: 2º, 4º e 6º cursos.
A saída será respectivamente ás 2 e 2:10.
Lembrade que cada curso ten asignada unha entrada e unha saída das catro que van existir no centro.
REUNIÓNS DE PRIMEIRO
Enviado por josean o Lun, 07/09/2020 - 12:37O día 9 de Setembro celebrarase a reunión de 1º A ás 16:00 e 1º B as 17:15 ámbalas dúas no Patio das Columnas. Acceso pola porta anexa ao pavillón. Esperámosvos
Entradas e saídas
Enviado por josean o Lun, 07/09/2020 - 12:25ENTRADA PRINCIPAL ESQUERDA (MIRANDO DE FRENTE)
-As 9:00 5ºA e 5º B
-As 9:10 6º A
ENTRADA PRINCIPAL DEREITA (MIRANDO DE FRENTE)
-As 9:00 1ºA
-As 9:10 2º
ENTRADA PATIO INTERIOR ESQUERDO
-As 9:00 3º
-As 9:10 6º B
ENTRADA TRASEIRA (PATIO DAS COLUMNAS)
Acceso pola porta anexa ao Pavillón
-As 9:00 1º B
-As 9:10 4º
CLAUSTRO 2020-2021
Enviado por josean o Dom, 06/09/2020 - 17:43Se premedes enriba da imaxe accederedes á información referente á composición do claustro da nosa Comunidade escolar, tanto titores como especialistas. A estas alturas inda non se nos asignaron os novos mestres que substituirán aos compañeiros que están de baixa: Orientación e Educación Física. Nestes días, cando se incorporen, completarase.
Entre mañá e pasado, informaremosvos pola web, especialmente aos novos alumnos do centro do horario de entrada e saída, e da entrada que corresponde a cada curso. Ademais, antes do comezo do curso subirase a esta páxina web o protocolo e os alumnos de primeiro terán unha reunión informativa ao aire libre coas súas mestras.
MATERIAL 6º CURSO
Enviado por josean o Ven, 04/09/2020 - 11:35EN NADA TEREMOS COLGADO NA PÁXINA WEB DO COLEXIO OS PROTOCOLOS COVID DO CENTRO ASÍ COMO AS NORMAS DE INICIO DO CURSO. POR FAVOR, LÉANO CON ATENCIÓN E RECOLLAN TODAS AS DÚBIDAS QUE TEÑAN PARA PODER SOLVENTALAS NA REUNIÓN VIRTUAL QUE TEREMOS O DÍA 29 DE SETEMBRO AS 17:00.
Podedes descargar o arquivo como anexo
O mundo do mar: as embarcacións tradicionais e os peixes
Enviado por josean o Lun, 22/06/2020 - 20:27Algún alumno houbo que máis aló da súa presentación sobre o mundo do mar levou a cabo tamén un video contándonos de viva voz dende a súa casa, todo o que descubrira dun mundo, ao mesmo tempo tan cercano e tan afastado de nós.
Roberto Armada Aneiros
Martín Barreiro Touza
O mundo do mar
Enviado por josean o Lun, 22/06/2020 - 19:10"O mundo do mar" foi resultado da investigación que os alumnos de 5º levaron a cabo dentro do Proxecto do Porto, para entender mellor a realidade mariñeira dos nosos portos.
Os burriños e o porco: Contos da Tradición Oral (XII)
Enviado por josean o Lun, 22/06/2020 - 16:55Outro deses cosos cunha estructura que se espalla fortemente por Europa e que en distintas versións aparece nos distintos libros de contos que se foron editando ao longo do vello continente. Pero esta versíón ten unhas características moi especiais, pois foi recollido na nosa vila pola doutora en Filoloxía Galega Camiño Noia e por outra parte non hai persoa de idade na vila que non coñeza o retrouso final do conto e o utilice nunha conversa a xeito de refrán ou de moral.
Os burriños e o porco contado de xeito espléndido por Breixo Sanjorge Boullosa
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »