Colexio do Benquerer
Educación afectivo-sexual en 5º de primaria
Enviado por xose o Mar, 28/05/2024 - 13:10Os días pasados tivemos dúas sesións en 5º de primaria cunha introdución á educación afectivo-sexual, seguindo o programa do Colexio do Benquerer da Fundación Meniños. Para este propósito utilizamos a actividade de título "O nome correcto", que ten por obxectivo nomear correctamente as partes do corpo humano, tanto masculino como feminino. O alumnado participou con moito interese, e aquí queda unha mostra do seu coñecemento previo.
Diploma Colexio do Benquerer
Enviado por xose o Mar, 06/06/2023 - 09:40Rematamos as actividades programadas para este curso no proxecto Colexio do Benquerer, de educación afectivo-sexual, organizado pola Fundación Meniños, que nos traslada o certificado de colaboración.
Colexio do Benquerer: comunicación asertiva
Enviado por xose o Xov, 16/03/2023 - 12:28Estes días traballamos nas aulas de 5º e 6º de primaria o tema da comunicación asertiva, dentro do programa de educación afectivo-sexual do Colexio do Benquerer.
Vimos que existen tres estilos básicos de comunicación: agresiva, pasiva e asertiva. O alumnado recoñece que o seu estilo máis frecuente é o estilo agresivo, facilitado polas confianzas que teñen cos seus amigos/as.
Na comunicación asertiva, fundamental para ter novos amigos/as, defendemos os nosos propios dereitos respectando os dereitos dos demais, é dicir, sen ofender nin molestar.
Na imaxe seguinte vemos os cinco pasos básicos que podemos seguir para intentar manter unha comunicación asertiva, e saber dicir que NON, sen que o interlocutor se sinta ofendido.
Programa de Educación Afectivo-Sexual Colexio do Benquerer
Enviado por xose o Ven, 03/03/2023 - 18:23Nestes días iniciamos o programa de educación afectivo-sexual "Colexio do Benquerer" que nos ofrece a Fundación Meniños, cos cursos de 5º e 6º de primaria.
En 5º curso traballamos a actividade "O nome correcto", que nos ensina a utilizar o nome correcto para designar aos órganos sexuais masculinos e femininos e fainos reflexionar sobre o porqué da existencia de moitos nomes inapropiados.
En 6º curso vimos a actividade "A máquina do tempo" centrada nos diversos tipos de cambios que se producen na etapa da puberdade: cambios non só físicos, senón tamén emocionais, cognitivos e sociais.
A máquina do tempo
Enviado por xose o Ven, 04/02/2022 - 10:42Dentro das actividades propostas no programa de educación afectivo-sexual "Colexio do Benquerer" dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria, traballamos na aula a actividade "A máquina do tempo", que trata dos cambios que acontecen durante a puberdade, e que vimos que se dan en catro ámbitos diferentes: físico, emocional, cognitivo e social. Coa axuda do alumnado clasificamos un montón de características diferentes nalgún destes ámbitos sinalados.