Música dende a casa (11): Hai unha liña (Seso Durán)
Seso Durán profesor de Secundaria, músico, historiador, compositor, vídeo creador e productor marinense (CANTODAREA), que dende os 90 (como integrante do grupo de música folk Liorna, entre outros) publica a súa obra, centrada nos últimos anos en contido relacionado coa didáctica musical.
Comprometido coa innovación, é invitado regularmente a compartir os seus proxectos e experiencias nos foros educativos máis destacados (Culturgal, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade Autónoma de Madrid, etc). Conseguiu numerosos recoñecementos a nivel galego e estatal.
Pero o que é moito máis importante que todo o anterior, Seso é o orgulloso pai de Manuel, un neno autista de 11 anos, para o que compuxo "Hai unha liña"
Parabéns!
Vaia chulada de traballo!
A liña...
Preciosa composición, que nos axuda a entender que o mundo se pode ver de moitas maneiras. Grazas!
Bravo
Isto demostra que todo o mundo é capaz de moitas cousas, é precioso.
Irene 6ºB
Enviar un comentario novo