Helena Villar Janeiro, profe, mestra, poeta... tivo a ben prestarnos a súa voz nestes momentos extraños que vivimos e compartir a súa poesía cun dos seus públicos preferidos, os nenos, con este fermoso poema "Belidadona"
Helena formou parte do colectivo poético Cravo Fondo (1977) e coordinou as coleccións de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, Arte de Trobar e Poetas con Rosalía.
Foi cofundadora do PEN Clube de Galicia, presidenta da Fundación Rosalía de Castro e membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.
Antologada e traducida a varias linguas, a súa narrativa infantil mereceu ser incluída no catálogo White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de München, en 1990 con Ero e o Capitán Creonte, e en 1994 con A canción do Rei.
Premios:
Poesía: Manuel Antonio, Galicia, Chao Ledo, Eusebio Lorenzo, Xacobeo, González Garcés e Arume (poesía infantil)
Narrativa: Breogán e Modesto R. Figueiredo.
Xornalismo: Puro Cora.
Obra poética:
Alalás (1972), O sangue na paisaxe (1980), No aló de nós (1981), Rosalía no espello (1985), Cabeleira de pedra (1993), Festa do corpo (1994), Álbum de fotos (1999) Nas hedras da clepsidra (1999) e Pálpebra azul (2003). Tamén os libros infantís A campá da lúa (1999), Belidadona (2002), Na praia dos lagartos (2003) e O Souto do ananon(2007).
Obra narrativa:
Morrer en Vilaquinte (1980) e O enterro da galiña de Domitila Rois (1991).
Obra ensaística:
Símbolos de Galicia (1979), Eduardo Blanco Amor con Auria ó fondo (1993), Delas (1999), Paseos literarios (2000) e Feminino plural(2003)
E autora, ademais, de numerosa obra pedagóxica, poética e narrativa publicada en libros colectivos e revistas.
A última incursión creativa da autora é a fotografía, tendo participado nas exposición colectivas Enarborar o bosque (Santa Cruz de Oleiros, 2011) e Olladas 2012 (Bruxelas, 2012) e colgado as individuais Palabras en imaxes (Bruxelas, 2012) e Xogos de auga (Santiago de Compostela, 2012).
Dende o 2017 é membro correspondente da Real Academia da Lingua Galega
Enviar un comentario novo