Responder ó comentario
Xota de Folgoso -Cerdedo-
Enviado por josean o Lun, 13/02/2012 - 23:50Inda que pareza que estamos na casa, non saímos da India. Estes rapaces da escola María Soliña de Pubai fan unha versión tan estupenda da Xota de Folgoso que non poido menos que afirmar que poucos nenos nativos de onde esta xota surxiu serían capaces de recreala coa mesma mestria . Escoitadeos porque paga a pena ver o respecto que estes nenos tan distantes de nos manifestan pola nosa cultura.
A ONG "Shanga India" con sede en Cangas de Morrazo, leva adiante o desenvolvemento e financiamento da escola María Soliña en Pubai-Orissa (India). Un proxecto que permite a formación e alimentación de nenas e nenos dunha rexión aillada e pobre que sen axuda non tería futuro. "Shanga" que significa amigo no idioma orilla pretende acadar a totalidade do ensino oficial básico que na India comprende 10 cursos escolarizando a 500 nenos e nenas, asumindo todolos gastos incluido o persoal que é todo autóctono.