EDLG
Romances, cantigas e coplas de Cego no Camiño Portugués (de Porriño a Redondela)
Enviado por josean o Sáb, 18/06/2022 - 15:40Por excelencia, os músicos cegos, foron en Galicia e en boa parte da Península, os gardiáns de boa parte da nosa rica tradición oral, que transmitían a través dos plegos de cordel que a xente mercaba, como fai hoxe en día coas coplas de maio. Nelas detallábanse sucesos truculentos que atraían a atención do público, pero tamén romances que se perdían na noite dos tempos e cantigas que pertencían ao pobo, e que este transformaba ao seu gusto. Iso foi o que fixeron os nenos, coller vellas cantigas e adaptalas ao Camiño portugués de Santiago e máis especificamente á zona que nos tocou, de Porriño a Redondela.
Todo baixo a dirección do cego Antón e o seu guía Iván.
Camiño portugués de Tui a Porriño
Enviado por Menchi o Mér, 15/06/2022 - 21:11O camiño portugués en Galicia comeza en Tui, e a primeira etapa chega ata Porriño, os nenos-as de 4º investigamos sobre esta primeira etapa que resumimos nun vídeo que esperamos que vos guste.
Prensa Escrita
Enviado por Menchi o Sáb, 21/05/2022 - 19:00Como ben sabedes este curso, dende o centro, estamos levando acabo o PDI inventos que cambiaron o mundo, a 4º curso corrrespondeulle investigar sobre a prensa escrita, a continuación deixovos un resumo deste traballo. Espero que vos guste.
Maio 2022. Recompilación do traballado para a celebración dos Maios.
Enviado por Anónimo o Ven, 13/05/2022 - 19:19Como todos os anos traballamos a nosa tradición dos Maios e Embarcacións da vila de Marín. Este ano máis que nunca fixemos noso o lema proposto polas Bibliotecas: " A Biblioteca Escolar ten a palabra".
Día do Libro 2022. "Escoitando coa imaxinación". Emocióna-T coas nosas historias.
Enviado por Anónimo o Lun, 09/05/2022 - 19:44Aquí deixamos as historias que creastes conxugando música con imaxinación e emocións.
Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán
Enviado por Anónimo o Xov, 05/05/2022 - 15:45Deixamos esta recompilación con información relativa a Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Coplas de Maios 2022
Enviado por josean o Mar, 26/04/2022 - 21:04Este ano, o tempo botousenos enriba, e tivemos que botar man de xente tan experta no mundo dos maios como o profe Ramón Pastoriza, que nos escribiu unha fermosa copla para un dos barcos; pero ollo os nenos xa están empezando a facer a copla do ano que vén, e vanna rematar a primeiros de maio.
Aqui tedes as coplas coas que imos baixar este ano á Marín:
FAI A TÚA COPLA de MAIO
Enviado por josean o Mar, 26/04/2022 - 16:07Se ademais de elaborar a túa maqueta de Maio e do traballo que fagamos sobre a festa nas aulas, nos queres mandar a túa copla personal, estaremos encantados de publicala na nosa páxina web e incluíla na exposición que o Ateneo promove no Museo Torres.
Pídesennos que teñan, como o ano anterior, 5 ou 6 estrofas.
Podedes mandala a cepsequelo@gmail.com e como tódolos anos deixámosvos este manual que nos guía na realización dunha copla de maio coherente e ben estructurada.
Teléfono Violeta
Enviado por josean o Dom, 17/04/2022 - 13:57Dentro do Proxecto Dixital Integrado "Os inventos que cambiaron o mundo", neste segundo trimestre aos de 5º asignóuselles investigar sobre o teléfono e por mor do día Internacional da Muller, escolleron a aquelas mulleres pioneiras dentro do mundo das comunicacións por vía telefónica.
Contos por telefóno
Enviado por josean o Ven, 15/04/2022 - 21:00Contos por teléfono é unha colección de pequenas historias de Gianni Rodari nas que o Sr. Bianchi, un comercial de ventas, cóntalle cada día un conto á súa filla dende a cidade onde se atopa. Sen os fantásticos contos do seu pai, a nena non é quen de durmir.
Aos poucos os nenos de 5º vannos contar os contos que o Sr. Bianchi lle contaba á súa filla.
O Sr. Bianchi de Varese
O caramelo instructivo
Historia do reino de Lambonia
Aprobado máis dous
Os homes de manteiga
Brif, bruf, braf
Visitas ao Camiño Portugués. Proxecto Edukasano
Enviado por Anónimo o Sáb, 09/04/2022 - 16:18Mural para subir as vosas fotos e vídeos, nas que podedes captar: monumentos, paisaxes, pratos típicos ou calquera tipo de curiosidade que atopedes entorno ao Camiño Portugués.
Invitación de Birlo a coñocer o "Camiño Portugués". Proxecto "Edukasano".
Enviado por Anónimo o Xov, 07/04/2022 - 13:14Ola amiguiños! Como xa vos explico na carta imos tratar de coñecer un pouco máis o "Camiño de Santiago", principalmente o tramo de Tui a Santiago de Compostela, que é a etapa que nos corresponde traballar, dentro do Proxecto Edukasano, en colaboración co Concello de Marín e a Universidad de Vigo.
Pensamentos para Rosalía
Enviado por josean o Lun, 28/03/2022 - 20:15Entre as actividades que a Asociación de Escritores en lingua galega promovía para a celebración o pasado 24 de Febreiro do Día de Rosalía estaba a posibilidade de elaborar Haikus a partir dalgúns dos versos máis recoñecidos da escritora, e isto foi o que conseguiron sacar os nenos de 5º
Poemas ao teléfono
Enviado por josean o Mér, 23/03/2022 - 13:57A través dos teléfonos e por mensaxes de voz os alumnos de 5º envian para celebrar o día mundial da poesía 24 poemas galegos. O teléfono un dos inventos que axudou a cambiar o destino da humanidade e que estamos traballando no noso PDI.
Se premedes no "play" do reproductor oiredes a cada un dos rapaces, e se queredes poñelo a pantalla completa premede nos 3 puntos da esquina inferior dereita
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Enviado por josean o Lun, 21/03/2022 - 22:53Por mor do Día Mundial da Poesía, a Academia da Lingua Galega, decidiu este ano homenaxear ao poeta do Morrazo, Bernardino Graña. Nós non quixemos ser alleos a esta homenaxe, e cunha pequena representación de cada clase recitamos o seu poema "Canción para ir ao mar de pesca"... máis algo máis.
O aradiño
Enviado por josean o Ven, 11/03/2022 - 19:23O Proxecto Documental no que estamos inmersos este ano vai de inventos e inventores. Que dubida cabe que un dos máis grandes inventos da humanidade foi a agricultura e o arado.
Cun moi primitivo Chroma Key elaboramos este video sobre o poema homónimo de Manuel María.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »