No Culturgal
Xunto cos nosos compañeiros do EEI Montedaguia estivemos, presentando o noso proxecto conxunto, o Xabarín 18 no Culturgal desta fin de semana. Reproducimos o que eles subiron ao seu Superblog Tegriña.
"Unha enorme ilusión foi enchendo este proxecto e facendo medrar o Xabarín dentro e fóra das nosas Escolas. A comezos deste curso chega unha gran sorpresa: unha invitación para expoñer o proxecto do Xabarín 18 no CULTURGAL, a cas grande da cultura galega" (Grande Martiña!)
"E alí estivemos, rodeados de grandísimos profesionais que presentaron experiencias de traballo impresionantes nos seus Centros e cos que aprendimos moitísimo".
O equipo ao completo con dous dos talentosos artistas e amigos que se xuntaron a nos no proxecto e que estaban alí tamén polos seus sobrados propios méritos, Miguel Angel Alonso Diz e Luz Beloso do IES das Barxas.
E por suposto que non podía faltar a nosa foto co mais grande, por fuciños, por cacheiras
Enviar un comentario novo