Responder ó comentario
SEMENTAMOS "CORNOS ROSSOS" EN 5ºA
Enviado por josean o Xov, 15/02/2018 - 12:30O mércores 7 de febreiro, na clase de 5ºA plantamos sementes da especie ``corno vermello´´ (corno rosso). Estas sementes plántanse desde xaneiro ata xuño, e recóllense desde maio ata novembro; claro está, a recollida vai en función da etapa en que sementamos.
O proceso foi o seguinte:
1º Por parellas fomos enchendo as macetas de terra.
2º Collemos 3 sementes cada un.
3ºColocamos as sementes enriba da terra e cubrímolas, aplastando a terra un pouquiño.
4º Regámolas con coidado.
Agora esperaremos a que esas sementes xerminen e medren as plantiñas. Logo transplantarémolas ao noso horto escolar.
Irémosvos informando de como vai o proceso!
Almudena e Martín 5ºA