blogue dejosean

Entrevista á Profe Mar

Entrevista moi interesante a que realizaron os alumnos de 6º á profe Mar, centrada na súa próxima despedida do colexio, pero esta vez dende a visión que temos os mestres de tódolos alumnos que ao longo dos anos pasaron polo noso centro. 

E logo Zoe que nos conta unha divertida anécdota.

Premios Muralla de Lugo de Redacción

Logo de moitas participacións sen conseguir outro resultado (que xa dabondo é) que os rapaces se interesasen por un dos monumentos máis interesantes do noso rico patrimonio, este ano volvimos té-la sorte de contar con outro finalista nos premios.  Dende Lugo mandounos esta fotografía. Parabéns Xoel Sequeiros.

LÉ GALEGO

Mellor explicado non podía estar:  se les galego, se te emocionas coa cultura propia da lingua, acabarás usándoa.

CADERNO DE BITÁCORA

Froito do Taller de Escritura que tódolos anos levamos a cabo en Sexto, este ano coa colaboración moi especial de poetas como Helena Villar Janeiro ou Antonio García Teijeiro xurde este Caderno de Bitácora que recolle moitos dos traballos dos nenos, todo aderezado con cadanseu Haiku (5-7-5)

 

I Maratón Poético da Radio Sequelo

Por mor do día das Letras Galega, dedicadas este ano a Xela Arias, tódalas aulas do centro participaron neste Maratón de Poesía Galega centrado na figura de Xela Arias e así na radio, oíronse poemas da autora, pero tamén de moitos outros autores galegos

1º B:  Xela Arias e "O río" de Xoan Neira

1º A:  Xela Arias e "O Arco da Vella" de Manuel María

4º: Xela Aria

6º B:  "Cantiga de Amigo" de Joao Zorro, "O Alleado" de Manuel María e "Cantigas Populares" de Antón Fraguas Fraguas.

2º: Xela Arias e "A lúa" de Manuel María.

3º:  Xela Arias, "Darío a Diarío"

5º A:  "Burla Negra" e "Paseante" de Xela Arias

5º B: Xela Arias e "A casa de había unha vez" de Ana Mª Fernández

6º B:  "Poema" de Xela Arias na revista Neboeiro

6º A:  "Intemperiome" de Xela Arias e "A fala" de Manuel María

 

Maio Xeitoso

Entre todo o traballo que levamos feito este ano, sempre se nos quedan cousas no tinteiro, como foi o caso deste Maio Xeitoso. Pero...nunca é tarde para amosar o talento dos nosos rapaces.

Polo pan...

Polo pan... disque fala galego calquera larpán e seica máis por unha televisión.

 

MASCARILLAS GALICIA

Quen di que a decadencia da nosa lingua non ten solución? Logo da brebaxe Verdello, veñen as mascarillas Galicia. Pura inmersión lingüística. Mascarillas Galicia, equivalen a un CELGA 4. 

VERDELLO

Eu xa o probei.  Faino ti. So ten unha contraindicación: FALARÁS GALEGO.

ENTREVISTA A XELA ARIAS

As rapazas de 6º A viaxaron no tempo, a finais dos 80, para entrevistar case que en directo a Xela Arias e co material que sacaron, elaboraron esta fermosa "Entrevista Literaria".

 

VII CONCURSO DE RELATO "MARÍN CONTA"

Sempre que podemos participamos como centro en tódalas actividades que leva a cabo o Ateneo Santa Cecilia e unha das que se está facendo clásicas é este Certame de Relato Curto chegado o día das Letras Galegas.  Entre os premiados na Categoría de Primaria, estiveron Breixo Vidal Salgueiro, Xoel Sequeiros Paz, Olivia Martínez González, Roberto Armada Aneiros e Irene Estévez Pazos.

XXV CERTAME "FRANCISCO AÑÓN" DE POESÍA

Froito do Taller de Escritura Creativa, do que daremos boa conta noutras entradas, son estes poemas cos que tanta sorte, tiveron os nosos alumnos neste Certame de Poesía onde participan centros de toda Galicia.

 

 

CERTAME DE NARRACIÓN CURTA DO CONCELLO DE MARÍN

Por mor do 17 de Maio, día das Letras Galegas, o concello de Marín convoca o Certame de Relato Curto das Letras Galegas.  Entre os premiados unha ampla representación do noso colexio:

 

Maio Larpán

Hai algúns que parece que naceron para isto, papillo de Maio de Rúa do maio Larpán do Sequelo, produto do Taller de Coplas

Taller de Coplas de Maio

Como tódolos anos sacamos adiante o noso Taller de coplas de Maio de onde sacamos adiante en tódolos cursos, unha porrada delas e das que sacamos, as que logo configurarán aquela que cantaremos o primeiro de Maio en Marín.

O fondo do vídeo é moi especial:  son os nosos maiores de hai uns anos xa, cantando o que recordaban de nenos. A súa voz reforza a forza transmisora dunha celebración na que participaron coma nós os nosos devanceiros e a cadea segue intacta

 

Cantamos os maios (I)

Malia todalas complicacións e dificultades que supuxo a pandemia, e que somos conscientes que facelo fóra do día 1, é un mísero remendo do que ten que ser, non podiamos pasar sen cantar e tan ben como o fixeron os nenos de 6º A

Os nosos armazóns

Foi unha mágoa, que non puidesemos cumprir coa tradición, e saír cantar o día Primeiro de Maio a Marín, que ese é e non outra a verdadeira TRADICIÓN dos Maios.  Polo menos co esforzo de todos, alumnos e pais, conseguimos sacar adiante dous espectaculares armazóns e a nosa Xiana que sempre está presente

Coplas de Maio 2021

As coplas de Maio e Embarcación que presentamos ao concurso de Santa Cecilia, non son máis co compendio do potente traballo que realizaron os nenos no Obradoiro de Coplas que levamos avante en tódolos cursos.  Aqui aparecen recollidas estrofas das coplas dos alumnos de 6º

Embarcación Xiana 2021

Moito valor había que ter para sen ensaiar facer viable a copla que presentamos ao concurso de Maios este ano. Fixeron máis coplas de barco e tiñan que amosar que eran cantables, a partir da melodía da Carroza triunfal que saíu en 1954.

FAI A TÚA COPLA de BARCO

Para elaborar este ano a copla do barco imos elixir a MELODÍA que no ano 1954 sacou no día da Ascensión (o 15 de Maio) a única carroza triunfal que saíu pola vila ese día, querendo revivir un vello costume onde os maios saían ás rúas tamen ese día.

A súa estructura esta formada por un RETROUSO de dúas estrofas de 4 versos que se repite intercalada entre as outras tres estrofas do corpo da copla

RETROUSO

1º verso:7 sílabas

2º verso: 7 sílabas

3º verso:  6 sílabas

4º verso: 6 sílabas

Riman os versos pares e os impares van libres.

5º verso: 7 sílabas

6º verso: 5+1 sílabas

7º verso: 7 sílabas

8º verso: 7+1 sílabas

Riman os versos pares e os impares van libres.

CORPO DA COPLA

Esta composto por 8 versos de 8 sílabas nos impares que van libres e de 7+1 nos pares que riman entre eles con este esquema -a-a-a-a ou -a-a-b-b

Lembra que a estructura tématica é identica á do ano pasado.

1.Presentación da embarcación

2. O corpo da copla: relato da vida mariñeira do momento, o seu traballo...

3. A embarcación despídese

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.