EDLG
Concurso de Contos e Debuxos de Nadal Ateneo Sta Cecilia 2022
Enviado por josean o Xov, 22/12/2022 - 01:00Tódolos anos por estas datas é un pracer colaboraror co lonxevo Ateneo Cultural, no seu Concurso de Contos e Debuxos. Aos nosos alumnos failles ilusión e máis se algún deles ten a sorte de ser premiado como foi o caso de: Iria Tomé (2°) , Olivia Fernández (2°), Eira Veiga (2°) e Ramiro Bouzas (6º) no Concurso de Contos, e Roi Sánchez (2º), Adriana Cambeiro (3º) e Valeria Pazos (6º) no de Contos
Nadal no cole. Nadal 2022
Enviado por Anónimo o Mér, 21/12/2022 - 12:38Dentro das actividades que forman parte do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!, propuxémonos decorar o cole no Nadal, todo con materiais reciclados e feitos polo noso alumnado.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra:
- Tradicional concurso de "Tarxetas de Nada" co lema do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!.
- Manualidades creadas a partir de diversos materiais reciclados: Belén con cortizas, anxos con rolos, árbore de Nadal con cartóns de ovos.
- Actividade proposta pola ANPA Aidón: "Adornos navideños con caixas".
Demostrando así que un Nadal sostible tamén é posible!
GUÍAS DE LECTURAS EN GALEGO (E. PRIMARIA)
Enviado por Anónimo o Mar, 20/12/2022 - 22:35Un ano máis a Coordinadora de EDLG do Morrazo, pensando sempre nos nenos de tódalas idades, ofrécenos unha selección das mellores novidades de libros en galego. Sería moi recomendable que as súas maxestades os Reis Magos, Papá Noel ou o Apalpador se acordasen de traernos a todos algún destes libros ou CDs.
Día das Persoas con Discapacidade
Enviado por Anónimo o Dom, 11/12/2022 - 21:28Este ano conmemoramos o "Día das Persoas con Discapacidade" aprendendo un pouco máis sobre as distintas linguaxes que utilizan, para facerse entender e entendernos, as persoas con discapacidades relacionadas coa fala, o oído e a vista.
Pola conmemoración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" cantamos a canción "A porta violenta", interpretando o retrouso con linguaxe de signos, achegándonos así ás persoas que non poden falar e/ou escoitar.
Posteriormente puidemos coñecer como se comunican as persoas con discapacide visual, grazas ás explicacións do personal experto da ONCE, que se ocupa de ensinar a estas persoas.
Papiroflexia con...Luís Lores
Enviado por josean o Mér, 30/11/2022 - 22:48Aproveitamos as cadeiras de pá, os novos tripodes de tablets montados con tablet Lenovo e o micro Behringer B1, todo noviño do trinque, provinte dos Polos Creativos. Coa habilidade de Luis e Andrea para grabar, guionizar e interpretar elaborouse este origamititorial do cogumelo.
FROITOS DO OUTONO
Enviado por Anónimo o Mér, 30/11/2022 - 19:23Conmemoración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller"
Enviado por Anónimo o Sáb, 26/11/2022 - 21:40Así conmemoramos todos xuntos esta data.
Facendo unha simbólica porta violeta con vista a un prado verde, e cantando a canción "A porta Violeta" de Rozalén e Tanxugueiras en galego, castelá, inglés e con linguaxe de signos.
Magosto 2022
Enviado por Anónimo o Dom, 20/11/2022 - 13:27O pasado día 11 de novembro, celebramos o tradicional Magosto no CEIP Sequelo.
O día presentouse estupendo, facendo honra ao tradicional "veranillo de San Martiño", houbo xogos tradicionais e castañas a fartar.
Mentras os nenos e nenas xogaban cos mestres, a ANPA Aidón ocupouse de asar as castañas.
Por certo o xogo do "trompo", resultou todo un éxito; a ver se o recuperamos e como di o refrán volvemos a ver "polo San Martiño trompos ao camiño".
Que máis se pode pedir!!! Qué ben o pasamos!!!
Actividades sobre compostaxe
Enviado por Anónimo o Xov, 10/11/2022 - 00:00Dentro das propostas introductorias do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" estivemos realizando varias actividades sobre compostaxe, a cargo de "Revitaliza" que culminaron coa posta en marcha, o pasado día 7, do composteiro do colexio.
Por se vos esquecedes de algo, aquí vos deixamos un enlace á páxina de "Revitaliza" para que poidamos recordar que é; e que materiais se poden compostar.
A compostaxe é unha boa forma de empezar a protexer o noso planeta.
Romance da Lavandeira da Noite
Enviado por josean o Mér, 02/11/2022 - 14:00As lavandeiras da noite son personaxes mitolóxicas espalladas na tradición popular da península, especialmente polo Norte; son mulleres condenadas a lavar eternamente as roupas ensanguentadas dos seus miniños mortes. Se as topas de noite no teu camiño e te invitan a retorcer, os alumnos de 6º xa saben que é mellor non negarse e retorcer no mesmo sentido ca elas, para que logo nada che pase.
A partir deste romance que a primeiros do século pasado se recolleu a unha cega en Folgoso (Cerdedo), ademais de cantalo, reestructuran o romance para xogar coa poesía por medio dun acróstico. ADIVIÑADE!!
Un Samaín inesperado
Enviado por josean o Mar, 01/11/2022 - 18:51"Un Samaín Inesperado" é un relato de terror que os alumnos de 5º elaboraron situándoo nunha illa que xurdiu da néboa do mar.
Era unha noite de lúa
Enviado por josean o Mar, 01/11/2022 - 16:00"Era unha noite de lúa clara", consistiu en facer o esforzo narrativo de a partir do romance da Lavandeira da noite, crear logo de coñecer a fondo o feito mitolóxico, novas historias. Estes son só dous dos productos que saíron do taller, a cargo de Marcos Patiño e Kenia del Río.
Samaín 2022 no CEIP Sequelo
Enviado por Anónimo o Mar, 01/11/2022 - 13:58Deixamos un pequeno vídeo resumo das actividades de Samaín 2022 que se realizaron no colexio en colaboración coa ANPA Aidón e coa ampla participación da comunidade escolar.
Moitas grazas pola vosa implicación, sin a colaboración de todos este tipo de actividades non sería posible.
Pasámolo de medo!!!
Actividades inicias do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"
Enviado por Anónimo o Mar, 25/10/2022 - 23:00Iniciamos o PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" con dúas actividades introdutorias.
Primeira: Actividade de plástica para concienciar da importancia das tres RRR (Recicla, Reutiliza, Reduce). Consistiu en rechear tres grandes "R" con materiais de reciclaxe.
Segunda: "Cada contedor co seu lixo" actividade de ideas previas, que consistiu en rechear unha ficha con recortes de folletos, identificando o lixo correspondente ao seu contedor.
PDI Protexo o meu planeta! Protéxome eu! Comezamos
Enviado por Anónimo o Mér, 19/10/2022 - 17:39Comezamos coas actividades iniciais do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!.
Deixámosvos, a modo de resumo, un tríptico informativo de como será a planificación e desenvolvemento do proxecto ao longo do curso.
Agardamos a vosa colaboración nas actividades que vos iremos propoñendo.
Danza de Baiona vs Danza de Marín
Enviado por josean o Xov, 29/09/2022 - 12:14Polas cores do traxe....A que danza pertencen estas cores de traxe? Á de Marín? Á de Baiona? Ás dúas? E se é as dúas, que danzantes o levan en cada unha delas?
Deixa os teus comentarios
Proxecto "Edukasano". Recompilación do traballado
Enviado por Anónimo o Ven, 15/07/2022 - 12:16Recompilación do traballado nas distintas etapas do Camiño Portugués para o Proxecto Edukasano, en colaboración co Concello de Marín e a Universidade de Vigo.
Travesía naútica xacobea
Enviado por Menchi o Mar, 21/06/2022 - 17:07Os nenos /as de 4º atopamos o único simbolo do camiño que hai en Marín, fixádevos ben na foto:
Este símbolo representa que o porto de Marín é un porto xacobeo. Isto quere decir que ainda co camiño tradicionalmente facíase a pé ou a cabalo, na actualidade pódese facer camiñando, en bici ou navegando a vela.
Falamos co porto de Marín para saber máis dixéronnos que as embarcacións que fagan a ruta marítima a Santiago podan solicitar escala nestes portos, o de Marín ten competencias sobre a lámina de auga de todala Ría de Pontevedra, de ahí a súa relación coas peregrinacións xacobeas.
Iso si teñen que facer 100 millas naúticas e continuar o camiño dende o último porto camiñando.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »