Confección e realización dun diario (3º)
Outro traballo que propoño é o de facer e realizar un diario para estes dias de encerro. Podedes realizar de maneira individual e en familia as seguintes tarefas:
- O primeiro, imos construír coa nosa familia un diario. Ten que ser persoal, a modo de libriño, utilizando os medios que temos ao noso alcance (diferentes papeis, por exemplo)
Crearemos unha portada e contraportada e dentro irán os folios. Adornarémola ao noso gusto, personalizándoo co noso nome e curso. Cando volvamos a clase levaremos connosco o noso diario.
- Cando o teñamos feito, teremos que escribir todos os días nel. Poñeremos a data arriba á dereita (como facemos na clase)
- Apuntaremos todo aquilo que nos ocorra durante o día e os nosos pensamentos e emocións. Podedes distribuir o día nas horas que lle dedicaremos a cada actividade, por exemplo: almorzo, xogar coa familia, xantar, ratiño de tarefas escolares, momento de lectura e charla coa familia…
- NON vale facelo todo o mesmo día xa que é unha tarefa que se deberá facer de maneira diaria para que funcione.
- Podemos adornar o noso diario ao noso gusto e mesmo cada día podemos adornalo tamén con debuxos, pero sempre poñendo a data diaria.
- ÁNIMO!!
Enviar un comentario novo