EDLG
U-los Mariñeiros de Marín?
Enviado por josean o Mér, 29/05/2024 - 21:04É a nosa filosofía colaborar, sempre que poidamos, con toda aquela organización cultural do noso municipio e no que nos toca, especialmente cunha que tenta preservar o legado mariñeiro da nosa vila. Así cando o Museo do Mar organizou o Certame de Curtas de Cine do Mar non o pensamos dúas veces e preparamos este vídeo con tal fin. Agradecidos pola distinción que nos fixeron, pero con ela ou sen ela seguiriamos participando por transmitir con eles o legado mariñeiro da vila.
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (V)
Enviado por josean o Mar, 28/05/2024 - 21:51Continuannos chegando dende as familias fotos que nos retrotraen a outros momentos da historia da vila de Marín hoxe xa desaparecidos. Neste intre é Alba Castro Martínez, a que comparte connosco esta foto de 1948 dos seus bisavós na romaría que nas inmediacións do Pazo da Raña se celebraba cada ano por San Pedro.
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (IV)
Enviado por josean o Mar, 28/05/2024 - 00:14Seguen chegando fotos das casas para Ponte nas Ondas. Desta vez tratase dunha foto do avó de Roberto Santos Pol e nela está o xénese dunha coñecida comparsa marinense, o Xarángallo Mángallo en 1961, nunha divertida marcha ciclista.
Traballamos a Banda Deseñada con Palop
Enviado por josean o Lun, 27/05/2024 - 22:32Na época dourada do cómic infantil para nenos os dous centros por antonomasia do cómic español foron Barcelona coa Editorial Bruguera e Valencia ao redor da Editorial Valenciana. Desta última escola de historietistas proviña José María Palop Gómez, máis coñecido como "Palop"
Concurso escolar de debuxo "Los Cereales"
Enviado por josean o Lun, 27/05/2024 - 06:30O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), promoveu, coa colaboración de diversas entidades, o concurso escolar de debuxo “Os cereales”, no marco do “Ano Internacional do Millo Miúdo”, declarado pola Organización Nacional das Nacións Unidas. Neste concurso participaron os nosos alumnos cara ao primeiro trimestre, pero foi agora cando chegaron os diplomas aos premiados. Un traballo realizado dende a aula de plástica.
Concurso: E ti que pensas da igualdade?
Enviado por josean o Lun, 27/05/2024 - 06:21Estes son tódolos traballos presentados a concurso da Deputación onde tivemos a sorte de ser premiados cunha tira de Noelia García del Río.
Manoli farmacéutica
Enviado por josean o Lun, 27/05/2024 - 06:12"Manoli farmacéutica" non é outra cousa que a actualización da personaxe histórica de Manuela Barreiro en forma de tira de banda deseñada. Manuela Barreiro foi elexida como a persoa a quen homenaxear este ano polo 8-M. A técnica de cor utilizada é tipica nas produccións de Bruguera ata os anos 70, o bicolor, neste caso cun color inusual naquelas produccións como é o MORADO.
Novas camisetas para os Maios
Enviado por josean o Xov, 23/05/2024 - 00:19Grazas ao esforzo conxunto de toda a Comunidade Educativa (alumnos, pais, mestres...) este ano conseguimos ampliar a participación na celebración dos Maios da vila a tódolos alumnos de Primaria. Grazas a este traballo colaborativo é que dotaremos de camisetas co logo do noso centro aos cursos que se incorporaron este ano. Camisetas como as que nos amosan estes modelos de 2º con gracia e pose.
Contacontos "As Chaves de Lu"
Enviado por laurarialf o Mér, 22/05/2024 - 14:56Onte tivemos outras das actividades programadas para o celebrar as Letras galegas. Como xa vos dixemos, este ano a conmemoración é a Luisa Villalta, por iso Raquel Queizás veu a contarnos “As chaves de Lu”. Desfrutamos dunha xornada moi divertida todo o cole xunto e ata algún dos nosos compañeiros e compañeiras sacou o seu lado máis actor e actriz!
Brincaxogos
Enviado por laurarialf o Mér, 22/05/2024 - 14:48O pasado día 15 foi o día da familia e un ano máis, os e as peques de infantil convidaron as súas familias para pasar un rato divertido todos e todas xuntiñas e celebrar os Brincaxogos. Fixeron mogollón de cousas: ler contos, xogos de mesa, construcións, un pouquiño de arte... Pero sen dúbida, o que máis fixeron foi desfrutar!
Grazas por vir, familias!
X Certame de Narración "Marín Conta"
Enviado por josean o Ven, 17/05/2024 - 16:10Como colexio procuramos participar, con máis ou menos sorte, en tódolos certames que as asociacións culturais locais convocan. Entre os premiados deste ano estiveron dous alumnos nosos Darío Pereira Omil e Diego Soage Piñeiro
As nosas Letras Galegas
Enviado por laurarialf o Xov, 16/05/2024 - 15:48Mañá é 17 de maio e celebramos o día das Letras Galega nas que se homenaxea á poeta Luisa Villalta. Dende o colexio levamos a cabo diferentes actividades sobre este día e outras que aínda están por chegar na seguinte semana. Aquí vos deixamos un vídeo-resumo sobre elas.
Ademais, dicirvos que este vídeo exporase no Museo Municipal de Manuel Torres de Marín, no acto que o concello realiza sobre as Letras Galegas. A celebración é ás 12.30 e o noso cole estará representado por unha persoa do claustro.
Por último, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo de Biblioteca elaboramos un tríptico con recomendacións que podedes atopar na nosa biblioteca. Animádemos a visitala!
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (III)
Enviado por josean o Dom, 12/05/2024 - 16:11A foto máis antiga que nos trouxeron das casas e esta de 1931 que a familia de Elsa Sanjorge Pesqueira de 2º conservaba colgada na parede da casa familiar da Veiguiña
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (II)
Enviado por josean o Dom, 12/05/2024 - 16:00Adriana Cambeiro de 4º tróuxonos esta estupenda foto de 1954 que tiña na súa casa e este é o podcast que fixo a partir dela.
Contacontos na EEI O Grupo
Enviado por laurarialf o Dom, 12/05/2024 - 11:37O venres os nenos e nenas de infantil visitaron aos compis da escola O Grupo. Levaban xa unhas semanas preparando o conto “Unha eiruga moi larpeira” co teatro de sombras para contárllelo. Gustoulles tanto que o tiveron que repetir dúas veces!
Ao acabar, as mestras da escola tíñannos preparada unha súper merenda con froita e bocadillos! E, por suposto, comeron todiño!
Para rematar a mañá, xogaron moito no seu patio cos demais nenos e nenas. Que ben o pasaron!
Moitas gracias a escola de O Grupo por todo!
COPLAS DA ASCENSIÓN
Enviado por josean o Xov, 09/05/2024 - 23:46Hai tres anos recuperamos unha tradición dos maios de Marín que se perdera e malia a todo, cada ano cumprimos con ela. Deste ano cadrou moi preto do 1º o que dificultou todo, porque o noso barco dese día, o Río Lameira, quedou danado o día 1 e tivemos que levar ao Xiana que no traxecto tivo algún que outro desperfecto.
O Maio da Ascensión
Enviado por inesduran o Xov, 09/05/2024 - 22:52CONCURSO DE MAIOS
Enviado por josean o Xov, 02/05/2024 - 22:54Como cada ano, o 1º de Maio estivemos onde tiñamos que estar, sendo un centro educativo de Marín, na vila cantando o Maio e os ventos foron favorables.
COPLAS DO 1º DE MAIO
Enviado por josean o Xov, 02/05/2024 - 22:53Agora, xa pasado, o periodo de venta á vontade, podemos publicar as coplas deste ano. Sen dúbida algunha a máis interesante a do maio, fabricada polos alumnos de 5º no noso Obradoiro de coplas de Maio e que foi recompensada co primeiro premio no Concurso.
O Maio Mariñeiro do 50 Aniversario
Enviado por inesduran o Xov, 02/05/2024 - 21:39- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »