Solidariedade dos nenos e nenas do CEP Sequelo na campaña 'Un tapón por Paula'.
Os nenos e nenas do CEP Sequelo tamén levan uns meses unidos á campaña ''Un tapón por Paula'' . Esta campaña está superando as expectativas dos seus promotores e xa reuniron varias toneladas de pezas de plástico que se venden á empresa alicantina Acteco. Os nenos de 6º do CEP Sequelo de Marín reúnen cada semana centos e centos de tapóns. Xa entregaron en distintos puntos de recollida da vila moreas de bolsas. Moitas gracias a tod@s.
Enviar un comentario novo