Tarefa 4º primaria semana do 15 ao 18 de xuño
Bos días queridos/as alumnos e alumnas:
Xa estamos na derradeira semana de curso e, polo tanto, a piques de desfrutar do tempo de lecer que ben merecido o tedes. Tempo para compartir coa familia, realizar actividades ao aire libre, ir á praia etc.
Pero, aínda vos queremos pedir un último esforzo, que gravedes un vídeo de despedida, xa que non o podemos facer como nos gustaría, todos xuntiños no cole cunha gran aperta.
Nesta gravación queremos que nos expresedes as emocións vividas ao longo do curso, algún rato inolvidable que queirades compartir cos vosos compañeiros/as , o que lle pedides ao próximo curso… en definitiva, o que vos apeteza compartir con todos nós.
Tarefa
Gravar un vídeo :
-
Duración máxima : un minuto.
-
Gravación en horizontal
Envialo ao correo das titoras .
Nesta ocasión, gustaríanos contar coa colaboración de todos vós. O prazo de entrega é o xoves 18 de xuño.
VIDEOCONFERENCIAS:
Luns 15 ás 11:30h. 4º B coa profesora Menchi
Xoves 18 ás 10:00h. 4º A coa profesora Loli
Ás 11:30 h. 4º B coa profesora Menchi
Enviar un comentario novo