O coronavirus na base militar de Kabul en Afganistán
Neste planeta noso, onde non haberá galegos? Se vas a Alemania, galegos; a Francia, galegos; a Suiza, galegos; a Alemania, galegos, en Inglaterra, galegos; na Arxentina, aí todos son galegos.... ata na Lúa hai un galego. Pois se ata agora non os había no Afganistan agora xa hai un Fran Armada, orixinario da parroquia de Dúas Igrexas en Forcarei e pai de Roberto Armada Aneiros de 5º B. Isto é o que nos conta Roberto de como están pasando o confinamento na base de Kabul onde está o pai.
"A corentena do coronavirus, na miña familia está afectando de moitas maneiras, como en todos os fogares. A miña nai e a min que estamos en Marín pois aféctanos como a todos, porque non saímos da casa, fago cole virtual, miña nai só sae unha vez por semana a comprar para nós e os meus avós...
Ao meu pai que está en Kabul (Afganistán) aféctalle doutra maneira: El e os seus compañeiros xa estaban confinados antes do Covid19 na base militar onde está, soamente saían os que traballan co exército afgano. Dende o covid19, xa ninguén pode saír ni entrar da base, os que están dentro é porque viven e traballan alí. Agora pecharon todas as zonas comúns como ximnasio, campo de deportes, biblioteca... so está aberto o comedor, e teñen que comer un por mesa como no colexio cando facemos un exame. Poden saír a camiñar e correr pola base, pero sempre mantendo unha distancia de dous metros cos compañeiros. Non poden ir en grupos como se estivesen enfadados uns cos outros.
Inda que xa están acostumados a estar confinados, leva alí 5 meses, o Covid19 fará que o seu regreso se atrase, xa que moitos aeroportos están pechados."
Moito ánimo a todos.
ÁNIMO
Ánimo a todos seguro que podeis.
Candela 5B
BUAAAHHH!!!
Unha aperta Virginia e Roberto.. e moitos saudos tamén a Afganistán.
Pronto pasará todo isto.
Forrzaaa...!!!
Ramón e Iria 4ºA
Que mala suerte animo
Que mala suerte animo
Carla 5ºB
Enviar un comentario novo