Empezamos a semana con enerxía (Ed. Física)
Vamos empezar a semana cuns exercicios pola casa
Gústame moito o profe Edwin, dalle moita importancia ao quecemento, pero eu sei que moitos dos exercicios que saen no vídeo xa os coñecedes.
Os exercicios de hoxe empezan con “sentadillas” (lembrade que os pés teñen que estar separados a mesma distancia que os ombreiros), levantarnos do chan, no vídeo fala de subir o banco (pero eu na miña casa non podería subirme ao sofá e imaxínome que nas vosas tampouco) polo que podemos modificar o de subir ao banco por unha caixa, caixón,… e “sentadillas con salto”.
E para o seguinte bloque de exercicios vamos axudar a dobrar a roupa, non teñen porque ser todas camisetas, poden ser calcetíns, pantalóns,…
Na volta á calma, algúns e algunhas de vós xa coñecedes o exercicio, espero que vos guste.
Para terminar a sesión estiramos os músculos traballados.
Unha vez rematado o exercicio, vamos a polo reto, fabricamos avións de papel, envíovos uns exemplos de diferentes modelos de avións, eu hai moitos que non coñecía, lembrade que podedes facelos con papel que estea para reciclar, non precisamos un folio en branco, posteriormente poderemos decoralos.
En este enlace podedes ver 40 modelos diferentes, animo a que fagades algún e me enviedes unha foto.
E para practicar se os nosos avións voan ou non, un reto de puntuación.
Podedes empregar para isto papeis de periódico, folios unidos,… non precisades ter cartolinas, só tesoiras para facer os buratos, cinta adhesiva para colocalo no marco dunha porta e rotuladores, bolígrafo,… para escribir as puntuacións.
A divertirse!!!!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Exercicio terrorífico para primeiro.pdf | 488.13 KB |
Ditados gráficos.pdf | 240.28 KB |
Enviar un comentario novo