Plástica (3º): O grito das novas
Para hoxe propoño unha actividade sobre o famoso cadro de “El Grito” de Edvard Munch do ano 1893. A esta actividade ímoslle chamar "O Grito das novas".
Consiste en que na metade dun folio, colocado horizontalmente, debuxedes e coloreedes o cadro de Munch, ao voso xeito, non ten que ser exactamente idéntico, de acordo? E na outra metade do folio unha nova, unha noticia que pode ser inventada por vós, copiada ou recortada da prensa que vos vou enviar diariamente. Podedes escribila a man, pegando letra a letra ata completar a noticia ou ben recortando e pegando a noticia completa. Podedes decorar tamén esta parte! Mándovos o cadro de "El Grito" para que o copiedes e un exemplo desta actividade nun documento adxunto para que teñades unha idea do que quero que fagades! Non vos esquezades de traelo a clase para facer un diario!!
Por outra banda, vamos a gravarnos nun vídeo representando o cadro, facendo o xesto do protagonista e explicando o por que gritamos. Exemplo: "Eu grito cando..." "Eu grito porque..."
Mandareivos tamén un exemplo desta actividade audiovisual polo grupo.
E por último, podedes investigar sobre este cadro que está cheo de maxia e lenda. Investigar sobre o ceo!! De por que ten esa cor tan vermella que parece lume! Hai dúas teorías! Escribídeas nun folio e mandarma por correo ou ben en foto polo grupo.
Moito ánimo e forzas para estes días de illamento social!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
%22O Grito%22 orixinal.pdf | 4.83 MB |
Rduccion O Grito das novas.pdf | 4.3 MB |
Enviar un comentario novo