Responder ó comentario
INFORMACIÓN DA ANPA AIDÓN
Enviado por Anónimo o Xov, 10/09/2020 - 12:29INFORMACIÓN DA ANPA AIDON
Neste curso tan excepcional para evitrmos riscos de contaxio pola COVID podedes facervos socios da ANPA AIDÖN sen ter que acudir ao colexio, mediante transferencia bancaria á conta de Abanca ES65-2080-5111-1630-4000-1830
¡¡¡IMPORTANTE!!!:
Cando fagades o ingreso poñer:
- Concepto: Afiliación á ANPA Aidón do CEP. Sequelo
- Nome da alumna/o e curso.
Enviádenos por WhatsApp ao teléfono da ANPA 684340673, unha foto cos datos do pagador (nai/pai/titor/a)
Custo: 18€ por familia.
Porque é importante facerse socio:
- Porque a ANPA Aidón xestiona o comedor escolar e o Plan Madruga.
- Porque solicita, e apoia as solicitudes do Equipo Directivo, á Consellería de Educación e ao Concello de Marín diversas melloras para o centro:
- Dotación de profesorado e de persoal non docente.
- Desdobres de grupos.
- Obras e reformas.
- Dotación de materias para a prevención do COVID.
- …
- Porque colabora co colexio na organización dos festivais e conmemoracións que se organizan durante o curso.
- Porque organiza as actividades extraescolares da tarde.
- Porque recolle e transmite ao Equipo Directivo as dúbidas, as inquedanzas, as problemáticas e as peticións que lle transmiten as familias.
Moitas grazas
Un saúdo, Ramón Alfonso Meis, presidente ANPA AIDÖN