Decembro 2022
Contacontos "A cebra Camila"
Enviado por josean o Lun, 19/12/2022 - 01:03Noa e Antón de 6º fóronlle contar aos nenos de Infantil un conto que a eles lles gustaba moito cando eran tan pequenos coma os de Infantil. Unha experiencia excelente para os alumnos de 6º, tanto como contacontos coma espectadores ou no uso da cámara e a pértiga de son.
Moi agradecidos á profe Andrea pola axuda na preparación da sesión.
Digicraft: a nave dos soños
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 22:40Nesta actividade o alumnado vive una aventura online para eliminar un virus que pon en perigo a misión máis importante da humanidade: a primeira viaxe interestelar. Mentres percorren a aventura, ven ejemplos sobre automatización e domótica que se dan na nave estelar.
Digicraft 2022
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 22:21Outro ano máis os alumnos de 5º e 6º comezan o Proxecto Digicraft coa Avaliación Inicial que o proxecto nos propón.
Plastificadora
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 17:56Outro dos trebellos que nos chegou por mor dos Polos creativos, foi un de uso cotián nos colexios, como é a Plastificadora. Neste caso aproveitamola para plastificar as etiquetas das pezas dos robots que antes fixeramos no Gimp e que imprimimos na nova impresora que nos mandaron.
Primeiro deseño 3D
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 17:46Este é o primeiro dos moitos deseños 3D que os nosos alumnos farán. Empezamos co Blender, pero buscando algo moito máis intuitivo topamos Tinkercad e é o que imos usar. O autor Roberto Carlos Santiago Nedea.
Impresora 3D/Deseño 3D
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 16:59Tiñamos unha xa á que non sacamos todo o proveito que deberiamos, pero nesta Creality cr 200b, xa empezamos a imprimir. Polo de agora son so os exemplos que a propia marca nos proporcionou. Estamos nos primeiros pasos: calibración, mantemento, entendemento do funcionamento, tipos de filamentos...Pero o que realmente nos interesa é que os nosos alumnos deseñen en 3D; algúns deles deran uns primeiros pasos co Blender, pero alumnos e profes logo de probar un programiña online gratuito chamado Tinkercad, decidimos que ese sería o noso programa de deseño 3D, e xa, imos empezar con el
Autodesk Tinkercad
Novos Robots
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 16:38Novos robots entran a formar parte do noso repertorio. A base é sempre a mesma, unha placa á que van conectados sensores que identifican distancias, cores, liñas, temperaturas... Estes novos robots os MII bot van sostidos en pezas semellantes ás Lego e a linguaxe de Programación "Crumble" esta baseada nunha vella coñecida, "Scratch", coa que levamos moito tempo traballando.
Os alumnos de 6º tirando de Manual para montar os novos Robots
Campaña de recollida de alimentos
Enviado por Ruth o Ven, 16/12/2022 - 13:07Campaña de recollida de alimentos organizada polo Concello de Marín en favor das seguintes organizacións:
COMEDOR BENÉFICO, CÁRITAS, CÁRITAS SANTOMÉ, AYUDA EN ACCIÓN SOR ELVIRA e AMENAC
Agradecemos as aportacións, que de forma voluntaria, se poidan facer. A recollida será o luns 19 (de 09:00 a 14:00) e o martes 20 (de 09:00 a 09:55).
Graciñas
Panxoliñas no EEI O Grupo
Enviado por inesduran o Xov, 15/12/2022 - 23:44VISITA AO EEI O GRUPO
Outro ano máis a visita ao EEI O Grupo
para cantar Panxoliñas,
resultou ser un estupendo encontro
cos mestres e os pequenos compañeiros deste centro.
Como presentadoras tivemos a,
Aitana de 6º e Sabela de 5º
Tivemos tempo para recordar rincóns nos que de pequeniños xogabamos
Os mestres do Infantil O Grupo,
convidáronos a unha dulce merenda
despois de cantar.
Empezamos cantando dúas Panxoliñas en galego,
logo dúas en castelán,
e os compañeiros de 2º interpretaron
unhas panxoliñas en inglés.
Tamén os neniños de Infantil
dedicáronos unhas panxoliñas
que fixeron as delicias de todos.
MOITAS GRAZAS
Ata o próximo ano.