Abril 2022
III Campionato de Xadrez CEP Sequelo 2021-2022
Enviado por xose o Mar, 19/04/2022 - 12:43Esta semana dá comezo o último campionato deste curso, que rematará no mes de xuño. Seguiremos co horario de martes e venres, de 16:30 a a 17:30 horas. Este campionato será online e está aberto a toda a comunidade educativa do CEP Sequelo. Utilizamos a plataforma LICHESS.
Se eres novo xogador ou xogadora e aínda non te rexistraches no equipo CEP Sequelo, podes seguir estas instrucións para facelo.
Moito ánimo e a participar!
Podes seguirnos tamén na aula virtual do centro
Visita ao Museo do Mar
Enviado por josean o Dom, 17/04/2022 - 15:45Como complemento ao traballo de investigación que os alumnos de 5º fixeron neste segundo trimestre ao redor do invento do teléfono, visitaron o Museo do Mar, para coñecer máis de preto a aplicación deste invento nos barcos pesquerios. De primeira man, dos expertos, e grazas a un aparello de telefonía que había no Museo, puideron falar como se nun barco estivesen, a través da Costera; incluso utilizando os códigos secretos que utilizaban nas súas comunicacións os patróns e os armadores. O obxectivo era que o resto da frota se puidese oír a conversación non se enterasen do que pescaban e a zona onde estaban situados.
E así falaron pola telefonía Ramiro e Naiara
Aarón e Graciela
Humble e Graciela
e Aylen.
Pero tamén viron moitas máis cousas.
Teléfono Violeta
Enviado por josean o Dom, 17/04/2022 - 14:57Dentro do Proxecto Dixital Integrado "Os inventos que cambiaron o mundo", neste segundo trimestre aos de 5º asignóuselles investigar sobre o teléfono e por mor do día Internacional da Muller, escolleron a aquelas mulleres pioneiras dentro do mundo das comunicacións por vía telefónica.
Contos por telefóno
Enviado por josean o Ven, 15/04/2022 - 22:00Contos por teléfono é unha colección de pequenas historias de Gianni Rodari nas que o Sr. Bianchi, un comercial de ventas, cóntalle cada día un conto á súa filla dende a cidade onde se atopa. Sen os fantásticos contos do seu pai, a nena non é quen de durmir.
Aos poucos os nenos de 5º vannos contar os contos que o Sr. Bianchi lle contaba á súa filla.
O Sr. Bianchi de Varese
O caramelo instructivo
Historia do reino de Lambonia
Aprobado máis dous
Os homes de manteiga
Brif, bruf, braf
Historia da Radio
Enviado por josean o Ven, 15/04/2022 - 21:35Dentro do Proxecto Documental Integrado que eliximos para traballar os de 3º fixeron un programa de radio marabilloso contándonos a historia do medio.
Visitas ao Camiño Portugués. Proxecto Edukasano
Enviado por Anónimo o Sáb, 09/04/2022 - 17:18Mural para subir as vosas fotos e vídeos, nas que podedes captar: monumentos, paisaxes, pratos típicos ou calquera tipo de curiosidade que atopedes entorno ao Camiño Portugués.
Invitación de Birlo a coñocer o "Camiño Portugués". Proxecto "Edukasano".
Enviado por Anónimo o Xov, 07/04/2022 - 14:14Ola amiguiños! Como xa vos explico na carta imos tratar de coñecer un pouco máis o "Camiño de Santiago", principalmente o tramo de Tui a Santiago de Compostela, que é a etapa que nos corresponde traballar, dentro do Proxecto Edukasano, en colaboración co Concello de Marín e a Universidad de Vigo.
Listaxe Provisional Alumnado. Admisión Curso 2022/2023
Enviado por Anónimo o Mér, 06/04/2022 - 12:46Unha vez rematado o prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso 2022/2023, a "Listaxe Provisional de Alumnado Admitido" está exposta no taboleiro de anuncios do interior do centro, onde os interesados poden consultalo.
A partir de agora, aquelas persoas que desexen solicitar praza deberán facelo polo procedemento extraordinario.
II Campionato de Xadrez 2021-2022 Clasificacion Final
Enviado por xose o Mér, 06/04/2022 - 11:45Rematou o segundo campionato de xadrez do CEP Sequelo deste curso, cun total de 21 torneos, e xa temos a clasificación final e os gañadores, que son:
En 6º curso: 1º Marcos, con 57 puntos 2º Mateo, con 18 puntos 3º Martín e Noa, con 6 puntos |
En 4º curso: 1º. Dani, con 3 puntos |
Profesores: 1º. Xosé 30 puntos 2º. Miguel 2 puntos |
Ex alumnos: 1º. Breixo, 9 puntos 2º. Darío, 5 puntos |
Noraboa aos gañadores!!