Septembro 2021
Material 3º EP curso 2021-22
Enviado por Anónimo o Lun, 06/09/2021 - 21:32Benvidos ao novo curso escolar! Aquí vos deixo a listaxe do material para o presente curso.
Un saúdo.
A titora: Mª del Carmen Martínez Arranz
MATERIAL DE 3º EP CURSO 2021-22
Aplicando a normativa sobre covid os nenos e nenas teñen que traer un pequeño kit (neceser) que conteña dúas máscaras (unha posta e outra de reposto), un xel hidroalcólico e un paquete de panos de papel.
Cada neno e nena debe traer a súa botella de auga co seu nome e todo o material debidamente etiquetado co seu nome.
LISTAXE DE MATERIAL:
- 4 libretas de dobre pauta ancha (4mm.) tamaño folio con grampas (non espiral)
- 1 libreta cuadriculada tamaño folio con espiral
- 2 lapis staedler Noris nº 2 HB
- 2 bolígrafos azul tipo bic
- 1 afilapis con depósito
- 2 gomas (Milán, nata ou similar)
- 1 pegamento stick pritt (mediano)
- 1 tesoira de punta redondeada
- 1 portafolios de plástico con broche
- 1 carpeta tamaño folio con gomas
- 1 regra de plástico duro ancha de 20 m.
- 1 semicírculo (transportador de ángulos)
- 1 estoxo non metálico de cremalleira
- 1 caixa de ceras duras (mínimo 12 cores)
- 1 caixa de rotuladores (mínimo 12 cores)
- 1 compás
- Axenda escolar
- Dicionarios de lingua galega e lingua castelá
MATERIAL PARA CLASE DE MÚSICA:
- carpeta tamaño folio
- libreta de pentagramas anchos
MATERIAL PARA CLASE SE INGLÉS:
- sobre de plástico tamaño folio con velcro
- 1 tubo de pegamento
- block de cartolinas de cores
- libreta con espiral tamaño folio de dobre pauta
MATERIAL PARA CLASE DE RELIXIÓN:
- 1 libreta de pauta ancha (4mm.) tamaño folio con grampas (non espiral)
NOTA: o material do curso pasado que esté en bo estado serve para este curso.
REUNIÓN NAIS E PAIS ALUMNOS DE 1º CURSO
Enviado por Anónimo o Ven, 03/09/2021 - 20:18Algúns xa coñecedes o colexio e para outros é a vosa primeira vez; a todos benvidos e grazas por confiarnos os vosos fillos e fillas. Cada vez que se empeza unha etapa educativa sempre leva consigo ilusión, esperanza, pero tamén algúns nervios e incertidumes. Un colexio novo, profes novos e novos compañeiros agárdannos á volta da esquina.
Para darvos a benvida e falar dalgúns aspectos da organización escolar deste curso 2021-2022 gustaríame que asistirades á seguinte REUNIÓN TITORIAL:
DÍA: MARTES, 7 DE SETEMBRO DE 2021
HORA: 11.30
PATIO DE COLUMNAS DO CEP SEQUELO
Agardando que poidades asistir recibide un saúdo de,
Ramón Pastoriza (Mestre titor de 1º)