Abril 2019
A nosa horta en abril
Enviado por xose o Mér, 10/04/2019 - 23:47Así é como se ve a nosa horta neste mes de abril. Crece sen parar!
Repolos, allos e patacas
Lombarda, allos e patacas.
Acelgas, cebolas e remolacha.
Espinacas, porros e pementos de Padrón.
Leitugas, espinacas e zanahorias.
Leitugas, espinacas e tomates
Recollemos amorodos
Enviado por Anónimo o Mar, 09/04/2019 - 21:53Xa recollemos os primeiros amorodos do noso horto. Os nenos e nenas de 1º foron os encargados de facelo e tamén de saborealos. Dixéronnos que estaban boísimos!
O calor de marzo fixo medrar os nosos cultivos e madurar aos amorodos.
Reciclando e plantando!
Enviado por Anónimo o Mar, 09/04/2019 - 21:17Estivemos pintando unhas caixas de amorodos que nos serviron para colocar nelas as nosas macetas de botellas de auga. Todo reciclado! Nós reciclamos!
Logo plantamos as sementes e agora estamos a esperar a que nazan!
Educación emocional en 1º curso
Enviado por xose o Mar, 09/04/2019 - 18:50Neste curso 2018-2019 estamos levando a cabo o proxecto "Viaxe ao reino das emocións" no primeiro curso de primaria. Xa fixemos actividades como As Preguntas do Sabio ou A Caixa da Calma, e máis que faremos nos vindeiros días.
Día do Pobo Xitano
Enviado por josean o Lun, 08/04/2019 - 22:44Por mor do día do Pobo Xitano, os nosos alumnos, elaboraron un programa para a Radio Sequelo sobre o seu pobo para comprender mellor como son, sinten e pensan; e cal é a súa orixe que ata fai pouco era todo un misterio.
Esta nova etapa da nosa radio comeza con medios que irán mellorando a medida que teñamos máis practica pero con moita ilusión.
O noso horto escolar "proxecto Voz Natura"
Enviado por Anónimo o Lun, 08/04/2019 - 21:10Durante este curso decidimos continuar co horto escolar, xa iniciado o curso pasado, e mellorar os xardíns do colexio. Realizamos un proxecto e presentámolo a " Voz Natura" resultando seleccionado.
Comezamos a nosa actividade elixindo o lugar onde establecelo e o soporte, planificando os materiais necesarios e os cultivos das distintas tempadas.
En xaneiro relizamos unha serie de traballos relacionados coa compostaxe, co fin de instalar un composteiro no centro para abonar o noso horto. Os nenos de 6º asistiron a unha charla impartida por un biólogo sobre a importancia da sostenibilidade ambiental e a compostaxe. Logo realizaron unhas presentacións para transmitir o aprendido ao resto dos nenos e nenas. Instalamos o composteiro e mostráronlles o seu funcionamento aos pequenos.
Realizamos traballos de reciclaxe e reutilización de materiais e buscamos información sobre os cultivos máis axeitados para cada tempada e o seu coidado. Organizamos quendas para que todos os nenos e nenas participaran nos distintos procesos.
Conquista a Bandeira
Enviado por josean o Ven, 05/04/2019 - 18:00Leva a bola verde ata a bandeira coas frechas do cursor neste remake do xogo feito por Enrique García Graña de 6º B.
Conmemoración do Día Mundial da Saúde cos xogadores do Pontevedra C.F.
Enviado por Belen o Xov, 04/04/2019 - 21:00
O museo do mar
Enviado por Menchi o Mér, 03/04/2019 - 11:14Os nenos de terceiro fomos visitar o museo do mar de Marín, onde nos explicaron as artes de pesca, os barcos propios da ría e doutras partes do mundo, especies de peixes e moluscos,...
Reciclando
Enviado por Menchi o Mar, 02/04/2019 - 13:33Os nenos de terceiro estivemos reciclando materiais para sementar flores nas ventás. Primeiro pintamos caixas de fresas de distintas cores, despois empregamos botellas de auga para facer de macetas e agora soamente queda esperar que medren as flores.