Abril 2014

III XOGOS FLORAIS DO CEP SEQUELO

De cara ao Día Internacional do Libro convocamos dende o ENDL e o Equipo de Biblioteca os III Xogos Florais do Cep Sequelo que este ano terá dúas modalidades:  unha dirixida aos pais/nais e outra aos alumnos. 

A) No tocante aos alumnos o Concurso basearase na realización dun HAIKU en galego, a redor do Mundo dos Maios.  Un HAIKU é un tipo de poesía provinte do Xapón e que consta de tres versos de 5, 7 e 5 sílabas que intentan describir a natureza, as estacións… pero sobre todo o que distinguimos polos sentidos.

 Para realizar un bo HAIKU debes ter en conta:

             -Evitar no posible os adxectivos

             -Utilizar palabras de uso cotián e de doada comprensión

            -Contar o que se ve no instante, por tanto os verbos se os hai en presente

            -Predominan os nomes comúns

A DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN É O VENRES 25 DE ABRIL DE 2014. VALORARASE CO HAIKU VEÑA PRESENTADO NUN PAPEL CON FORMA DE OBXECTO DA NATUREZA:  FOLLAS, FLORES, CUNCHAS...

B) Este ano queremos invitar ás familias a que, coma os vosos fill@s, participedes neste concurso literario que co gallo do 40 Aniversario do Colexio terá como lema para vos, “A escola da miña infancia” e que consistirá nun relato curto en galego (non máis de dúas carillas) relatando as vosas vivencias na escola cando rapaces.  Os tres traballos gañadores serán lidos nas aulas  na véspora das letras galegas. A data límite de entrega é o luns 28 de Abril a través dos vosos fillos. GRACIÑAS E CONTAMOS CONVOSCO

 

 

 

 

 

 

 

NOVAS DO SEQUELO

Novas do Sequelo é un xornal ideado polos nenos de 4º A de cara ao 1º de Abril, que xa sabedes a onde van os burros nese día. Por mor de nefastos acontecementos non foi posibel o telo editado nese día. Cun pouco de retraso, pero aquí tedes as noticias inventadas para tal data polos alumnos.

 

V CONCURSO DO COLEXIO OFICIAL DE XOIEIROS "DÍA DA NAI"

 
Carmen Beloso Crespo de 5º e Leo Piñeiro Tojeiro de 2º foron seleccionados entre os 20 finalistas das súas categorías, entre os máis de 8.076 traballos recibidos no V Concurso do día da Nai convocado polo Colexio Oficial de Xoiería de Galicia.
O próximo día 25 de Abril terá lugar a entrega oficial de premios no Centro de Arte Contemporáneo en Santiago, ao que os premiados asistirán acompañados dos seus pais, e onde se darán a coñecer os nomes dos premiados

 

 

VISITA DE NOELIA RODRIGUEZ

Noelia Rodríguez, presentadora do espazo “O Tempo” na TVG, impartiu unha charla ao alumnado de 4º curso onde lles explicou o seu traballo como meteoróloga, os medios que utilizaban para prognosticar o tempo (modelos numéricos, mapas, satélite Meteosat, internet, etc.), a forma de gravación do programa televisivo,…

A continuación respondeu ás numerosas cuestións que lle formularon os nenos ao tempo que tamén lles preguntaba sobre a formación de fenómenos meteorolóxicos, como a formación do “arco da vella”, da neve ou da chuva. A actividade foi planificada para potenciar o estudo do tempo atmosférico que nestes días traballan os alumnos de cuarto nas súas aulas.

Os nenos saíron moi satisfeitos da charla xa que foi unha actividade moi novedosa porque, ademais de aprender sobre a climatoloxía galega, puideron coñecer de primeira man o traballo nos medios de comunicación.

NON LLE QUITES VOZ AO GALEGO

Queremos invitarvos a que personalicedes ao voso gusto a última pegatina Galemoticono e que enchades con algo de fartura o último emoticono. Se vos animades e queredes dar ideas podedes conseguir a vosa propia. Será por tinta... Os maquinillos de a bordo se teñen que botar fume, vai ser de viqueira

MAPA INTERACTIVO O RELEVO DE GALICIA

Coñeces o nome de cada elemento xeográfico sinalado no mapa? Ponte a proba con este mapa interactivo. Tes que elixir a resposta axeitada dun listado con varias opcións.

 

E o dos ríos de Galicia?

MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ E "A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ"

Miguel Ángel Alonso Diz estivo cos nenos durante unha hora falando do seu último libro? Non, porque tamén nos falou do seu libro máis noviño do trinque "O soño de Ester" e abriunos un millar de xanelas e portas novas que é o que ten que facer todo bo escritor. Un libro a dúas voces onde a outra voz é Luz Beloso; voz que se deixou sentir con forza tamén nesta mañá

ADIVIÑAS DO 40 ANIVERSARIO

Despois de 3 anos nun Obradoiro de Expresión Escrita, isto foi o que conseguiron facer os rapaces de 4º ao redor do mundo da escola dentro do proxecto que estamos levando a cabo "40 Anos de Escola"

 

O PRIMEIRO DE ABRIL VAN OS BURROS ONDE NON DEBEN IR

Onte por ser primeiro de Abril estivemos durante a anterior semana preparando cos nenos unha serie de noticias falsas para subir as nosas xanelas dixitais, pero como xa dixemos, onte non era o día;e como mostra dos traballos dos nenos deixámosvos hoxe a que tiñamos elixida para cumplir coas tradicións dos nosos maiores. Xa sabedes que os nosos maiores celebraban os primeiros de Abril, o día das bromas, máis por desgraza onte para toda a familia mariñeira da que nos consideramos parte foi un día de loito. Nese día as pedras de afíar agullas andaban dun lado para outro pola vila e como vos digo nos quixemos facer algo. Outros primeiros de Abril máis ledos ca este virán

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.