Novembro 2013
AS SUPERSTICIÓNS
Enviado por josean o Mér, 06/11/2013 - 19:41No primeiro ciclo desenrolaron un interesante traballo sobre as supersticións e moitos nenos trouxeron das súas casas curiosos costumes moi nosos que logo as foron botar no saco do "Home do Saco"
CALACÚS-BOTEFAS
Enviado por josean o Mér, 06/11/2013 - 19:34Para coñecer un pouco mellor a planta ao redor da que xira a celebración da "Noite das Caveiras" trouxemos ás nosas expertas, nais e avoas que lles contaron aos rapaces os secretos dos cabazos autóctonos (o seu cultivo, recolleita, uso...) e a diferencia importante que hai entre o que é un CALACÚ e unha BOTEFA. Non pensedes, a cousa tenche o seu aquel, os dous son Galegos, mais unha BOTEFA é unha BOTEFA é un CALACÚ é un CALACÚ. O que ten a señora na foto da dereita enriba da mesa decorada é unha BOTEFA
O DÍA DAS CALAVERAS
Enviado por josean o Mér, 06/11/2013 - 07:47"A noite das calaveras" foi unha actividade que levamos a cabo no colexio, como parte do proxecto lector onde se mesturou creación literaria, cos microrelatos creados polos rapaces a partir dun texto de Neira Vilas, e a nosa tradición oral de carácter fantástico. Isto só é un tímido reflexo do que foi a víspora de defuntos en todas e cada unha das clases do noso colexio