Xaneiro 2013

Navega con Rumbo

O próximo martes, 15 de xaneiro de 2013, ás 17:00h, teremos na Biblioteca do noso centro unha charla dirixida a alumnos de 5º e 6º de primaria, pais e nais e profesorado, titulada ''Navega con Rumbo''.

 


 

Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que vós, @s escolares, naveguedes con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A nosa intención é que te mentalices da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.

A Internet é divertida e útil. Podes buscar información para realizar os teus traballos e tamén coñecer e comunicarte cunha chea de persoas ou divertirte xogando. É un mundo infindo que che ofrece moitas posibilidades. Sabemos que empregas o teu sentido común pero queremos botarche unha man. Atoparás algunhas recomendacións na Guía do Alumnado que farán máis segura a túa navegación polo ciberespazo. Hai un principio común a todas elas: non fagas en Internet nada do que non farías na túa vida real. 

A World Wide Web converteuse no maior medio de comunicación da historia da Humanidade, superando mesmo á radio e á televisión. A comunicación humana evolucionou nas últimas décadas como nunca o fixera. Tamén nos nosos fogares e nos centros educativos a Internet se converteu nunha ferramenta imprescindible coa que comunicármonos, educar e traballar.

A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudarche a emprender unha navegación responsable e útil, por iso tamén temos suxestións e consellos dirixidos aos maiores cos que te relacionas.

O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais, ademais desta web específica e un programa de visitas aos centros escolares onde colexiad@s do CPEIG expoñen aquelas recomendacións e consellos necesarios para navegar con rumbo polo ciberespazo.

Máis nada. Goza coa Internet e toma nota das nosas recomendacións.

NENOS DO SEQUELO CANTANLLE A MINI E MERO

Un orgullo para nos que rapaces de Marín cantasen un canto de Reis, pequeniño e do Val do Dubra, para Mini , Mero e Raúl Galego. Como non os coñecemos a fondo non imos dicir aquilo de que son bos, pero do que non nos cabe a menor dúbida e que son xenerosos devolvendo ao 100 por 1 o que o noso pobo lles dou, conservando todas estas pequenas xoiñas que anonimos alfaiates construiron a traves de seculos e transmitindoas con orgullo e amor as novas xeracións. GRAZAS MESTRES!!
E que non se nos esqueza xenerosos sempre no seu esforzo e na súa entrega por e para Galicia (iso a pesar das distancias e da gripallada que traian con eles)


FESTIVAL DE NADAL 2012

Un pequeniño resumo do que foi o festival de Nadal para volver enganchar con forza o segundo trimestre

RECORDOS DE NADAL

 

 

Pasámolo moi ben no EEI O Grupo.

Convidáronnos, logo de lles cantar o noso repertorio,

a unhas galletas que sabían a gloria...Moitas Gracias.

¡ Qué recordos do noso antigo cole de pequeniños...!

Algunha deixou caer unhas bágoas...

 

                       

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.