Xaneiro 2012
VISITA AO IES MESTRE LANDIN
Enviado por josean o Sáb, 21/01/2012 - 17:45Como adianto ao proceso de adaptación a unha nova etapa que aos rapaces de Sexto lles vai tocar vivir o ano que ven visitamos un dos IES que temos no pobo. Así os rapaces coñeceron de primeira man as instalacións e recursos educativos que terán á súa disposición todos aqueles que opten polo centro Mestre Landín.
Se desexas, como pai, ter unha información mais detallada do centro, neste triptico que amablemente nos cederon a atoparás.
"O IES Mestre Landín é un centro que busca a formación integral dos seus alumnos en todas as áreas.
XLII Concurso de dibuxos de Nadal Ateneo Santa Cecilia na prensa
Enviado por josean o Sáb, 14/01/2012 - 15:58Entre os premiados está un alumno do noso colexio, Ismael Sobral Molanes
Charla sobre as enerxías para os alumnos de 5º e 6º.
Enviado por Miguel o Xov, 12/01/2012 - 17:15Hoxe os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria do CEP Sequelo terán unha charla sobre as enerxías na Biblioteca do centro. Os de 5º a 3ª hora e os de 6º a 4ª hora.
Saída a Pontevedra para ver a ópera 'El elixir de amor'.
Enviado por Miguel o Xov, 12/01/2012 - 17:11Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria do CEP Sequelo, van hoxe a Pontevedra para ver unha ópera adaptada para nenos titulada 'El elixir de amor'. De seguro que lles vai gustar.
Visita dos alumnos de 6º ao IES Mestre Landín.
Enviado por Miguel o Xov, 12/01/2012 - 17:05Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria do CEP Sequelo, van visitar o IES Mestre Landín e coñecer as súas instalacións.
2012 ANO CELSO EMILIO FERREIRO
Enviado por josean o Mér, 11/01/2012 - 21:31
Indiscutiblemente, por mor do centenario do seu nacemento, hogano vai ser o ano Celso Emilio Ferreiro e para que vaiades abrindo boca deixamosvos algúns dos seus mais coñecidos poemas, musicados por grupos de estilos tan variados como DiosKTeCrew a Fuxan os Ventos. E canda eles o homenaxe que no 25 aniversario do seu pasamento se lle tributou en Vigo.
CERTAME DE POSTAIS DE NADAL
Enviado por josean o Mér, 11/01/2012 - 10:48
A Postal gañadora do noso tradicional Concurso de Nadal foi realizada pola alumna de 6ºA Antía Ares Pazos.